Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Guía do alumnado]

DEBERES E DEREITOS DO ALUMNADO

Segundo a LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e o DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

Son deberes do alumnado:

a) O estudo, que se concreta nas seguintes obrigacións:

1.º Asistir regularmente a clase con puntualidad.

2.º Participar activa e dilixentemente nas actividades orientadas ao desenvolvemento do currículo, seguindo as directrices do profesorado.

3.º Respectar os horarios das actividades programadas pola escola.

4.º Respectar o exercicio do dereito ao estudo dos seus compañeiros e compañeiras.

5.º Realizar as actividades escolares para consolidar a súa aprendizaxe que lle sexan asignadas polo profesorado para a súa execución fora do horario lectivo.

b) Respectar a autoridade e as orientacións do profesorado.

c) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais e a dignidade, integridad e intimidade de todos os membros da comunidade educativa, así como a igualdade entre homes e mulleres.

d) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina da escola e contribuír ao desenvolvemento do proxecto educativo do mesmo e das súas actividades.

e) Participar e colaborar en mellórala convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo na escola.

f) Participar nos órganos da escola que correspondan, así como nas actividades que estes determinen.

g) Utilizar adecuadamente as instalacións e o material didáctico, contribuíndo á súa conservación e mantemento, que se concreta nas seguintes obrigacións:

1.º Informar de calquera deterioro do material o das instalacións do centro en canto se teña constancia.

2.º Participar activa e dilixentemente na conservación do material e instalacións do centro.

3.º Contribuir a manter a limpeza do material e instalacións do centro según as instruccións dos docentes. E en concreto nas aulas e talleres, realizando ou ben facilitando a limpeza das mesmas (limpar as mesas, apilar ou colocar as cadeiras sobre as mesas ao remate da última sesión de clase do día, etc).

h) Participar na vida da escola de arte.

O alumnado ten dereito:

a) A recibir unha educación de calidade que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade e das súas capacidades.

b) Ao estudo.

c) Á orientación educativa e profesional.

d) Á avaliación e o recoñecemento obxectivos da súa dedicación, esforzo e rendemento escolar. A estes efectos, terá dereito a ser informado dos criterios de avaliación que serán aplicados.

e) Á formación integral que teña en conta as súas capacidades, o seu ritmo de aprendizaxe e que estimule o esforzo persoal, a motivación pola aprendizaxe e a responsabilidade individual.

f) Ao acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación na práctica educativa e ao uso seguro de internet na escola.

g) Á educación que favoreza a asunción dunha vida responsable para o logro dunha sociedade libre e igualitaria, así como á adquisición de hábitos de vida saudable, a conservación do medio ambiente e a sostenibilidad.

h) Ao respecto á súa liberdade de conciencia e ás súas conviccións relixiosas e morais, así como á súa identidade, intimidade, integridad e dignidade persoais.

i) Á igualdade de oportunidades e de trato, mediante o desenvolvemento de políticas educativas de integración e compensación.

j) Á accesibilidad e permanencia no sistema educativo, nos términos previstos na normativa dos seus estudos.

k) Á liberdade de expresión e de asociación, así como de reunión nos términos establecidos no artigo 8 da Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación.

l) Á protección contra toda agresión física ou moral.

m) Á participación no funcionamento e na vida da escola e nos órganos que correspondan, e a utilización das instalacións da escola.

ñ) A ser informado dos seus dereitos e deberes, así como das normas de convivencia establecidas na escola, particularmente ao comezar a súa escolarización na escola.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria