Terán que solicitarse no momento de realización da matrícula cubrindo o formulario que tendes aquí e na secretaría do centro. Tendo que aportar de xeito indispensable toda a documentación que se solicita no formulario.
Relación de recoñecementos de crédictos asociados a disciplinas das Ensinanzas Superiores de Deseño concedidos. Si os vosos estudos non figuran na relación anterior podedes solicitar igualmente o mesmo, tendo que esperar á resolución da cominsión avaliadora para coñecer o resultado da solicitude. Polo que teredes que asistir as aulas desas disciplinas ata que a comisión resolva a vosa solicitude. Si os vosos estudos figuran na relación anterior xa podedes saber que créditos se vos recoñecerán pola comisión, tendo que presentar a solicitude igualmente e esperar a resolución da mesma para que se produza o recoñecemento oficial dos mesmos.
Procedemento de solicitude de software para os computadores. O alumnado recibirá un mail que lle dará acceso á descarga e uso do software de deseño dos seus estudos na dirección mail facilitada na súa matrícula. Este software é de uso persoal e intransferible, e deixará de funcionar no primeiro computador en que foi instalado no caso de detectarse a súa instalación noutro computador. No caso de que suceda isto é responsabilidade do alumnado implicado a compra do mesmo para poder continuar os seus estudos con normalidade. No caso de necesitar instalalo en dúas computadoras (unha portátil e unha de sobremesa) o alumnado terá que solicitalo. As licencias do software serán facilitadas sempre que o alumnado estea matriculado e teña unha asistencia regular no seu horario lectivo. A baixa nos estudos implicará a perda das licencias de uso do software facilitado. Para calquera problema podedes enviar un correo electrónico a: adobeeasd@gmail.com
O alumnado que o desexe enviará un mail coa información necesaria explicada no protocolo de solicitude á dirección: wifieasd@gmail.com Solicitando que se lle dé acceso. A solicitude soamente pode facerse para un dispositivo por alumna/o (computador portátil) co que se vaia traballar nas aulas.
11. Información sobre servizos
Dada a situación cambiante sobre estes servizos e espazos prevalecerán sempre as medidas recollidas no protocolo COVID19.
- búsqueda activa de emprego
- autoemprego e posta en marcha dun proxecto empresarial
Horario de atención ó alumnado no departamento de Moda (3º/4º Andar): - Xoves de 10:00 a 11:00 h. e venres de 13:00 a 14:00 h.
ACCIÓN TITORIAL O alumnado que o desexe poderá solicitar ao seu titor/a de ensinanza unha reunión para tratar os asuntos que lle resulten convenientes cara ao máximo aproveitamento do seu proceso de aprendizaxe (relativos a convivencia, asuntos privados, etc que poidan afectar a iste proceso). Para facer isto, únicamente deberá solicitalo ao seu titora/or de ensinanza ao remate de calquera sesión de clase que lle imparta, e o/a docente asignaralle unha hora e lugar para manter a entrevista. Do mesmo xeito, a titora/or de ensinanza poderá chamar a unha entrevista, nunha data e lugar concertado, a calquera alumna/o da súa titoría, para tratar temas relativos á convivencia e proceso de aprendizaxe no centro.
12. ELECCIÓN DE DELEGADO/A DE GRUPO
Procedemento de elección de delegado/a
1. O alumnado de cada curso que se imparta na escola, elixirá, por sufraxio directo, secreto e non delegable no prazo máximo de un mes desde o inicio do curso escolar, unha persoa delegada de curso, que formará parte da xunta de representantes do alumnado. Elixirase tamén unha persoa subdelegada que substituirá a delegada en caso de ausencia ou enfermidade e que a apoiará nas súas funcións.
2. As eleccións de representantes do alumnado, así como a do delegado ou delegada que presidirá a xunta, serán convocadas pola xefatura de estudos, e organizadas por ela en colaboración cos/coas titores/as e os/as representantes do alumnado na xunta de escola.
Funcións dos delegados de grupo:
a) Asistir ás reunións da xunta de representantes do alumnado e participar nas súas deliberacións.
b) Expoñer ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ao que representan.
c) Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu curso.
d) Colaborar co profesorado e co equipo directivo da escola para o bo funcionamento desta.
e) Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións da escola.
2. Os/as representantes do alumnado non poderán ser sancionados/as polo exercicio das súas funcións como voceiros/as dos alumnos e alumnas, nos termos da normativa vixente.
DATA LÍMITE de elección e comunicación de delegado/a e subdelegado/a ao Xefe de Estudos, a indicada polo titor do grupo en cada curso
13. Normas en caso de evacuación.
No caso de escoitar a Alarma Acústica de Emerxencia, as normas para a evacuación do centro son as seguintes: