Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Secretaría]

Calendario Matricula

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2016-17 - ALUMNADO DE NOVO INGRESO

 

ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO

PROBAS DE ACCESO, PREINSCRICIÓN PARA AS ENSINANZAS DE DESEÑO:

1 - proba de madureza (para candidatos que carezan do Título de Bacharelato e cumpran 18 anos no 2016, salvo que pretendan aportar o título en setembro):

- inscrición: ata o 30 DE MAIO de 2016 (preséntase a Instancia e copia compulsada do DNI)

- proba de madureza: 6 de xuño de 2016 (desde as 9:00, no IES As Fontiñas, de Santiago)

IMPORTANTE: Estes candidatos deben inscribirse igualmente para a proba específica.

 

2 - proba específica:

- inscrición: ata o 7  DE XUÑO DE 2016

- proba específica: 20 de xuño de 2016 (EASD Pablo Picasso, A Coruña)

 

CANDIDATOS CO TÍTULO DE BACHARELATO PENDENTE: Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do Bacharelato poderán realizar a dita proba, e, no caso de obter praza, matricularanse de forma provisional no prazo establecido, debendo acreditar a obtención do título de Bacharelato antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo perderán o seu dereito á matrícula e á praza.

CANDIDATOS DE ACCESO DIRECTO PENDENTES DE SUPERAR O PROXECTO FINAL: Deberán aportar certificación da solicitude do título no prazo de matrícula.

 

MATRÍCULA: do 6 ao 15 de xullo de 2016 (NON FORMALIZAR A MATRÍCULA IMPLICA A PERDA DA PRAZA DE ACCESO)
Documentación:
  - Impreso da escola cuberto
  - 2 fotografías
  - Xustificante de ter aboado as taxas (o impreso facilítase na Secretaría do centro)
  - Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)

 

 

ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

PRÓXIMA PUBLICACIÓN DAS DATAS DE ACCESO

 

 

PRAZOS DE MATRÍCULA - CURSO 2016-2017 - ALUMNADO DE CURSOS ANTERIORES

EE.SS. DE DESEÑO (CONTINUACIÓN DE ESTUDOS)

PRAZO:

  • Alumnado que superou tódalas disciplinas nas que estaba matriculado na convocatoria ordinaria: do 9 ao 30 de xuño e do 1 ao 6 de setembro.

  • Resto do alumando: do 14 ao 22 de xullo e do 1 ao 6 de setembro de 2015, ambos incluídos

DOCUMENTACIÓN.

  • Solicitude

  • Xustificante de ter aboado as taxas (o impreso de pago facilítase na secretaría do centro)

  • Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)

 

 

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR (CONTINUACIÓN DE ESTUDOS)

PRAZO.- Do 27 de xuño ao 8 de xullo de 2015, ambos incluídos, e do 1 ao 6 de setembro

DOCUMENTACIÓN.

  • Solicitude

  • Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria