Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Preguntas Frecuentes Acceso Deseño

Que é unha EASD?

Unha EASD é unha Escola de Artes e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:

  • EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
  • EASD Pablo Picasso, en A Coruña
  • EASD Ramón Falcón, en Lugo.
  • EASD Antonio Failde, en Ourense.

Que se pode estudar nunha EASD?

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:

  • Ciclos Formativos de Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos). Ademais, a Oferta Modular dá a `posibilidade de cursar módulos soltos dalgún ciclo formativo.
  • Ensinanzas Superiores en Deseño, equivalentes a todos os efectos aos títulos universitarios de Grao. (4 cursos)

Que Especialidades de Deseño se poden estudar na EASD Mestre Mateo?
Na EASD Mestre Mateo podes matricularte nas Ensinanzas Superiores en Deseño de Moda e tamén nas Ensinanzas Superiores en Deseño de Produto

 

SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO:

Podo inscribirme na EASD Mestre Mateo se non teño o Bacharelato aprobado?
Si, se tes máis de 18 anos ou os cumpres neste ano.  Tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza 

Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver a facela?
 Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre, terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar. 

Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero o vou a aprobar na convocatoria de setembro, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?

Si, ao facer a solicitude de inscrición marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato” . IMPORTANTE: o alumnado pendente de aprobar o Bacharelato en setembro so terá acceso no caso de que non se completen as prazas ofertadas na convocatoria de xuño.

Se non teño bacharelato pero teño superada a proba de acceso a ciclo superior teño que presentarme á proba de madurez igualmente?
A superación da proba de acceso a un ciclo de grao superior non exime da proba de madureza de acceso ás ensinanzas superiores, xa que se trata de ensinanzas de diferente nivel

Se teño aprobada a proba de acceso a Deseño en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que repetila.

Onde teño que facer a inscrición?

Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático. Non obstante, tamén poderase formalizar nas secretarías das escolas. As persoas aspirantes que so dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscripción nas secretarías das escolas.

Telemáticamente cubrindo o formulario en: www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para completar o proceso de inscripción, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requerida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño.

Presencial nas secretarías da: EASD Mestre Mateo, EASD Pablo Picasso, EASD Ramón Falcón, EASD Antonio Faílde.

Podo facer a inscrición por internet? 
Si, realizando o procedemento explicado no punto anterior.

Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.

b) Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:

– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).

– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde a ligazón: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.

A información completa podes consultala no enlace.

Ademais da documentación acreditativa que corresponda, fotocopia cotexada. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.

Qué título fai falta para poder optar ao acceso directo nas Ensinanzas Superiores de Deseño?
Un título Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en calquera especialidade, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Escultura, Xoiaría ou Arquitectura Efémera que se imparten na escola.

Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 20% das prazas para os que optan polo acceso directo. Para os estudios de Deseño de Moda son 6 prazas para aspirantes que opten polo acceso directo (dun total de 30 prazas ofertadas). Para a titulación de Deseño de Produto son 4 prazas para os aspirantes que opten polo acceso directo (dun total de 20 prazas ofertadas).

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.

Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? Caso en que o aspirante está pendente da avaliación do proxecto final para a obtención do título.
Si, se aportas o título no momento de facer a matrícula.


Onde podo consultar as probas doutros anos?
IMPORTANTE: A convocatoria de acceso 2017/2018 foi a primeira na que as probas de acceso son únicas para todas as especialidades de Deseño: Produto, Moda, Gráfico e Interiores, polo que as probas dos cursos anteriores non se axustan ao novo modelo de proba única. Podes descargar un modelo de proba neste enlace

Se non tes decidida a especialidade, podes facer as probas e logo escoller?

Non, as probas de acceso específicas son únicas para tódalas especialidades de Deseño (Produto, Moda, Gráfico e Interiores), así que despois de cualificar a proba distribuiranse as prazas en función das cualificacións obtidas e as catro preferencias indicadas polo alumnado na sua inscripción.

Onde van a ser as probas de acceso?
As probas específicas de acceso levaranse a cabo na EASD Pablo Picasso (A Coruña) 

Cando terán lugar as probas de acceso?
Os días que se establezan na convocatoria cando se publiquen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño cada curso.

Para o acceso ao curso 2019-20, a proba será o día 3 de xullo de 2019.


Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?
Non, pero podes consultar os modelos de probas de cursos anteriores 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27128

 

Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?

Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido nas instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para cada curso.

Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?
Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria