Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Preguntas Frecuentes Ciclos

Que é unha EASD?

Unha EASD é unha Escola de Artes e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:

  • EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
  • EASD Pablo Picasso, en A Coruña
  • EASD Ramón Falcón, en Lugo.
  • EASD Antonio Failde, en Ourense.

Que se pode estudar nunha EASD?

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:

  • Ciclos Formativos de Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos). Ademais, a Oferta Modular dá a `posibilidade de cursar módulos soltos dalgún ciclo formativo.
  • Ensinanzas Superiores en Deseño, equivalentes a todos os efectos aos títulos universitarios de Grao. (4 cursos)

Que Especialidades de Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño se poden estudar na EASD Mestre Mateo?
Na EASD Mestre Mateo podes matricularte nos seguintes Ciclos Superiores:

  • Técnicas Escultóricas
  • Xoiaría Artística
  • Fotografía

SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÓS CICLOS SUPERIORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Podo inscribirme na EASD Mestre Mateo se non teño Selectividade?
Sí. Para o acceso aos Ciclos Superiores non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade, xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.

Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero o vou a aprobar na convocatoria de setembro, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?

Si, ao facer a solicitude de inscrición marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato” . IMPORTANTE: o alumnado pendente de aprobar o Bacharleato en setembro so terá acceso no caso de que non se completen as prazas ofertadas na convocatoria de xuño.

Se non teño o títlo de Bacharelato nin o vou ter, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?
Si, se tes máis de 19 anos ou os cumpres neste ano.  Tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza 

Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver a facela?
 Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre, terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar. 

Se teño aprobada a proba específica de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
Si, as probas específicas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que repetila.

Onde teño que facer a inscrición?
A inscrición farase na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Fotografía, Escultura ou Xoiaría, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría da EASD Mestre Mateo no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso.

Podo facer a inscrición por internet? 
Ata o momento, non. A solicitude terá que ser entregada na Secretaría da EASD Mestre Mateo, xunto coa documentación que proceda.
Si podes descargar o impreso da solicitude da nosa Web www.easd.es para entrégalo debidamente cumprimentado e coa documentación necesaria, na Secretaría. Tamén podes recoller os impresos tanto da solicitude na Secretaría da EASD Mestre Mateo en horario de 9 a 14:00 ou polas tardes ata as 21:00 na Conserxería.
A entrega da documentación cumplimentada será únicamente na Secretaría en horario de 9 a 14:00.

Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?
-    Fotocopia do DNI ou pasaporte
-    Unha foto carné
-    Ademais da documentación acreditativa que corresponda, fotocopia cotexada. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar. Algunha das seguintes:
-Título de bacharelato, ou certificación académica en que conste o depósito do título.
-Título de técnico superior de artes plásticas e deseño e certificación académica.
-Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
-Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 18 anos en convocatoria anterior.

Qué título fai falta para poder optar ao acceso directo nun Ciclo Superior?
Podes ter acceso directo cos seguintes títulos:

  • Título de bacharelato artístico
  • Título de bacharelato e acreditar experiencia laboral de polo menos un ano nas competencias do ciclo.
  • Técnico superior en artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada, ou equivalente.
  • Título Superior de Deseño e Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  • Arquitectura ou Licenciatura en Belas Artes ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.

Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
Non. Soamente se ofertan un 50% das prazas para os que optan polo acceso directo. 

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.

Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? Caso en que o aspirante está pendente da avaliación do proxecto final para a obtención do título.
Si, aínda que dependería do cálculo da nota final do expediente e de que quedaran prazas libres.

Se non teño decidida a especialidade, podo facer as probas e logo escoller?

Non, as probas de acceso específicas son diferentes en función da especialidade que se quera cursar.

Onde van a ser as probas de acceso?
As probas específicas de acceso levaranse a cabo na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)

Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?

Non, pero podes consultar os modelos de probas de cursos anteriores 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24431

Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?

Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido nas instrucións para o acceso e admisión.

Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?
Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria