Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Documentación Acceso Ciclos

Ciclos Superiores:

INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO:

  • Solicitude no modelo oficial –entrégase unha única instancia na secretaría da Escola que imparta a especialidade á que se queira acceder como primeira opción-
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte.
  • Titulación (fotocopia cotexada):
    • Acceso directo:
      • Certificado de estudos en que figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do título.
      • Por experiencia laboral: 
        • Certificación da empresa na que conste a duración do contrato, a actividade desenvolvida e o período no que se realizou (no caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios).
        • Título de bacharelato.

 

    • Acceso por proba específica: título de bacharelato ou equivalente, ou certificación onde conte o depósito do título. Pódese substituir por:
      • proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
      • proba de madureza para ciclos formativos de grao superior de formación profesional
      • proba de madureza de grao superior de ensinanzas deportivas
      • proba de madureza das Ensinanzas Artísticas Superiores

 

IMPORTANTE: ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO: poden presentarse ás probas de acceso e acreditar en setembro a obtención da titulación requirida.

  • Certificado da proba de acceso ao ciclo formativo, se fose o caso.

 

MATRÍCULA (unha vez obtida praza, polas distintas modalidades de acceso):

  • Solicitude no modelo oficial
  • 2 Fotografías
  • Resgardo do abono do seguro escolar, no caso de ser menor de 28 anos

 (importante: non formalizar a matrícula no prazo establecido implica a perda do dereito a acceder ese curso ás ensinanzas)

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria