Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Acceso Ciclos 2018-19

NOVO: PUBLICADAS INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN PARA AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (ACCESO DIRECTO, PROBA MADUREZA E PROBA ESPECÍFICA)

INSCRICIÓN: na secretaría da Escola  ata o  25 de xuño, para todos aqueles/as que elixan Fotografía, Técnicas Escultóricas ou Xoiaría como primeira ou única opción. Todas as persoas aspirantes teñen que realizar a inscrición no prazo sinalado (acceso directo ou acceso mediante probas).

Consulta aquí o texto completo da resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180522/AnuncioG0164-140518-0002_es.html

DATAS DAS PROBAS:

PROBA MADUREZA: 3 de xullo dende las 10:00 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 17 a 18 horas.

ESPECÍFICA:  10 de xullo desde as 10:00 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Primeiro exercicio: de 10 a 11 horas. Segundo exercicio: de 12 a 14 horas. Terceiro exercicio: de 17 a 19 horas.

Para a formalización das solicitudes de admisión na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo (Grao Medio -Grao Superior) para o efecto. As persoas aspirantes que deban realizar a proba de madureza farano constar no punto correspondente da inscrición. 

Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se quira acceder como primeira ou única opción, xunto coa seguinte documentación 

ACCESO MEDIANTE PROBAS:

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos: 

a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.

b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel ao que pretenden acceder, e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.

ACCESO DIRECTO: Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Titulación de bacharelato en artes,ou de bacharelato experimental; título superior de conservación e restauración de bens culturais, licenciatura en belas artes, arquitectura, enxeñaría técnica en deseño industrial, ou ben acreditar unha experiencia laboral de polo menos un ano relacionada coas competencias profesionais do título ao que se queira acceder.
  • Titulación de técnico superior de artes plásticas e deseño, dunha familia relacionada coas ensinanzas que se desexan cursar.
  • Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Arquitectura ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

DESCRIPCIÓN DAS PROBAS:

Proba de Madureza. 3 xullo na EASD Mestre Mateo (Santiago). Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 17 a 18 horas.

A proba constará de dúas partes:

• Primeira parte: Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía.  Exemplo

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

• Segunda parte: Historia da Arte. 

Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

Esta proba de madureza é válida para todo o estado español, non caduca e pode realizarse noutros centros de FP e outras EASD.

Proba Específica. 10 xullo na EASD Mestre Mateo (Santiago)Primeiro exercicio: de 10 a 11 horas. Segundo exercicio: de 12 a 14 horas. Terceiro exercicio: de 17 a 19 horas.

a) Primeiro exercicio: proba escrita

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico- artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

 
Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.  
 
c) Terceiro exercicio: execución. 
 
Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa aspirante pretende acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
 

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO:

    

       >>> Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2018/19 

       >>> Documentación necesaria para a preinscición e para a matrícula

       >>> Taboleiro: oferta de prazas e calendario de acceso, probas e matrículas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria