Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Acceso Deseño 2019-20

 

NOVO: Adxudicacións DEFINITIVAS das prazas por solicitude de traslado de expediente ordeadas por especialidade. O prazo de matrícula é dende o día 10 ao 13 de setembro.

Cualificacións DEFINITIVAS Proba Específica de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño. O PRAZO DE MATRÍCULA é do 19 ao 24 de Xullo.

Cualificacións Provisionais Proba Específica de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño

Cualificacións definitivas das probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores

Listaxe das cualificacións provisionais das probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanza artísticas superiores curso 2019/2020

Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/2020

PUBLICADAS AS INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN PARA AS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (DOG do 13 de maio)

INSCRICIÓN: Ata o día 7 de xuño. Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático. Non obstante, tamén poderase formalizar nas secretarías das escolas. As persoas aspirantes que so dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscripción nas secretarías das escolas.

Telemáticamente cubrindo o formulario en: www.edu.xunta.es/reximeespecial, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Para completar o proceso de inscripción, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requerida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño.

Presencial nas secretarías da: EASD Mestre Mateo, EASD Pablo Picasso, EASD Ramón Falcón, EASD Antonio Faílde.

Horario de atención ao público da Secretaría da EASD Mestre Mateo: de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres. Excepcionalmente a semana do 13 ao 16 de maio únicamente de 10:20 a 12:20.

Para a formalización das solicitudes de admisión na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto, no que se indicará a orde de preferencia de especialidade e escola na que se desexan cursar estas ensinanzas. Pódense solicitar un máximo de catro opcións. Unha vez cuberto, deberase presentar unha única solicitude na secretaría, xunto coa seguinte documentación:

a) Copia de DNI, NIE ou pasaporte.

b) Resgardo do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño), consonte un destes modelos oficiais, xunto cos certificados de exención ou redución correspondente, se é o caso:

– Modelo E (autocopiativo en papel facilitado nas secretarías das escolas).

– Modelo AI, xerado electronicamente e impreso desde a ligazón: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

– Modelos 730 e 731, xerados electronicamente no portal da internet da Axencia Tributaria de Galicia (https://ovt.atriga.gal).

O pagamento dos prezos públicos correspondentes ás probas de acceso non poderá ser fraccionado.

A información completa podes consultala no enlace.

 

PROBA MADUREZA: 17 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

PROBA ESPECÍFICA: Realizarase o 3 de xullo na EASD Pablo Picasso (A Coruña)  Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas. – Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas

 

Prazas: 

Deseño de Produto: 20 (4 de acceso directo e 16 por proba específica). As prazas non cubertas por acceso directo cubriranse por candidatos que accedan por proba.

Deseño de Moda: 30 (6 de acceso directo e 24 por proba específica). As prazas non cubertas por acceso directo cubriranse por candidatos que accedan por proba.

Tipos de acceso:

Acceso directo
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño

20% das prazas
Acceso mediante Proba Específica
  • Título de bacharelato ou equivalente

  • Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos superada

  • Sen título de acceso: superando previamente a proba de madureza para aspirantes que cumpran 18 anos no ano actual

80% das prazas

As probas de acceso realizaranse alomenos unha vez ao ano e serán centralizadas para todas as Escolas Superiores de Deseño de Galicia.

A superación da proba específica so ten validez para ese curso, sendo válida para matricularse en calquera centro do Estado onde se cursen esas ensinanzas.

 

Proba de Madureza

  • única para todas as especialidades de Deseño

  • versará sobre as materias comúns do Bacharelato

  • cualificarase como apto ou non apto. O apto permitirá o acceso á Proba Específica

Exemplo

Proba Específica

  • ÚNICA PARA TODAS AS ESPECIALIDADES: PRODUTO, MODA, INTERIORES E GRÁFICO

  • versará sobre os coñecementos, aptitudes e habilidades para cursar con aproveitamento estes estudos

  • cualificarase con nota numérica de 0 a 10 con dous decimais. Será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes da proba. Superarase a proba cunha nota media final a partir de 5,00.

ESTRUTURA DA PROBA. ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño. Artigo 5.  Características da proba específica de acceso

A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores en Deseño constará de dúas partes: 

a) Primeira parte:
Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
– O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
– A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.

    b) Segunda parte. Os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas: 

– 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
– 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior. 
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución. 

Exemplo

TABOLEIRO CO RESUMO DAS DATAS: Podese ver aquí.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO:

       >>> INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN PARA AS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO (DOG do 13 de maio)

       >>> Preguntas frecuentes

       >>> Taxas

 

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria