Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Acceso Ciclos 2019-20

Novo: Listaxe Definitiva das probas de acceso ao ciclo medio de xoiaria 

Cualificacións definitivas das probas extraordinarias de setembro de acceso as Ensinanzas Artísticas Profesionais

Cualificacións provisionais das probas extraordinarias de setembro de acceso as Ensinanzas Artísticas Profesionais

Listaxe de inscritos para as probas extraordinarias de setembro de acceso as Ensinanzas Artísticas Profesionais

CONVOCADAS Probas ESPECÍFICAS de ACCESO extraordinarias en SETEMBRO para as Ensinanzas Artísticas Profesionais (consultar requisitos para poder realizar a proba específica ou optar polo acceso directo mais abaixo). Inscripción na secretaría de cada Escola ata o 6 de setembro. Consulta o calendario e prazas ofertadas.

Información convocatoria acceso xuño-xullo:

Adxudicacións PROVISIONAIS das prazas por solicitude de traslado de expediente ordeadas por especialidade. O prazo para presentación de solicitudes remata o día 2 de setembro ás 13:00 horas, polo que a listaxe poderá variar. A adxudicación DEFINITIVA publicarase o día 9 de setembro.

ADXUDICACIÓN prazas do C.F.G.S. de Fotografía para o curso 2019-20

ADXUDICACIÓN prazas do C.F.G.S. de Técnicas Escultóricas para o curso 2019-20

ADXUDICACIÓN prazas do C.F.G.S. de Xoiaría para o curso 2019-20

Cualificacións DEFINITIVAS - Proba Específica 2019-20 Tribunal 1: Fotografía, Gráfica Publicitaria, Ilustración e Proxectos e dirección de obras de decoración.

Cualificacións DEFINITIVAS - Proba Específica 2019-20 Tribunal 2: Cerámica artística, Gravado e técnicas de estampación, Técnicas Escultóricas, Escultura aplicada ao espectáculo, Dourado, prateado e policromía, Ebanistería artística, Estilismo da indumentaria, e Xoiaría artística.

Cualificacións provisionais - Proba Específica 2019-20 Tribunal 1: Fotografía, Gráfica Publicitaria, Ilustración e Proxectos e dirección de obras de decoración.

Cualificacións provisionais - Proba Específica 2019-20 Tribunal 2: Cerámica artística, Grvado e técnicas de estampación, Técnicas Escultóricas, Escultura aplicada ao espectáculo, Dourado, prateado e policromía, Ebanistería artística, Estilismo da indumentaria, e Xoiaría artística.

cualificacións definitivas das probas de madureza para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Cualificacións provisionais - Proba de Madureza 2019-20 Tribunal 1: Fotografía, Gráfica Publicitaria, Ilustración e Proxectos e dirección de obras de decoración.

Cualificacións DEFINITIVAS - Proba de Madureza 2019-20 Tribunal 2: Cerámica artística, Grvado e técnicas de estampación, Técnicas Escultóricas, Escultura aplicada ao espectáculo, Dourado, prateado e policromía, Ebanistería artística, Estilismo da indumentaria, e Xoiaría artística.

Listaxe Definitiva Inscritos para a realización das probas de acceso as Ensinanzas Profesionais de Deseño no curso 2019-20

Información xeral:

Para aqueles interesados en estudar un ciclo superior no próximo curso 2019/20 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes Ciclos, no que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior na no apartado de oferta formativa.

A normativa completa de Acceso e Admisión pode ser consultada no seguinte enlace: Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.

INSCRICIÓN: na secretaría das Escolas  ata o  6 de setembro.

Para todos aqueles/as que elixan Fotografía, Técnicas Escultóricas ou Xoiaría como primeira ou única opción na nosa secretaría. Todas as persoas aspirantes teñen que realizar a inscrición no prazo sinalado (acceso directo ou acceso mediante probas).

CALENDARIO DE ACCESO E MATRÍCULA

 

CICLOS SUPERIORES

CICLOS MEDIOS

 

 Inscripción

Ata o 6 de setembro

Do 23 de maio ao 6 de setembro

Nas secretarías das Escolas de Arte e Superiores de Deseño elexida en primeiro lugar

Publicación definitiva de admitidos ás probas

9 de setembro

 

Tablón de anuncios da escola e na web http://www.edu.xunta.gal

Proba de Madureza

 

10 de setembro

EASD Mestre Mateo

Proba Específica

10 de setembro

17 de setembro

EASD Mestre Mateo

Publicación das cualificacións

13 de setembro

19 de setembro

Tablón de anuncios e na web da EASD Mestre Mateo

Reclamación de cualificacións

14 e 15 de setemb

 

Secretaría da EASD Mestre Mateo

Lista definitiva de calificaciones

16 de setembro

 

Tablón de anuncios,  na web da EASD Mestre Mateo e no portal educativo

 (http:// www.edu.xunta.gal)

Matrícula

17 e 18 de setembro

23 ao 26 se setembro

Secretaría do centro onde se obteña plaza

Relación de prazas asignadas, de prazas vacantes e listaxe de espera

 

 

http:// www.edu.xunta.gal

Alumnos con materias pendentes da ESO/Bacherelato: acreditación da superación de materias

 

 

Secretaría do centro onde se obteña plaza

 

Documentación para a inscripción:

a) Copia de DNI, NIE.

b) Documentación académica segundo proceda.

c) Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

d) Documento acreditativo do grao de discapacidade.

+

e) Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, de ser o caso.

 

Para a formalización das solicitudes de admisión na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. As persoas aspirantes que deban realizar a proba de madureza farano constar no punto correspondente da inscrición. 

Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se quira acceder como primeira ou única opción, xunto coa seguinte documentación 

ACCESO MEDIANTE PROBAS:

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos: 

a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.

b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel ao que pretenden acceder, e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.

ACCESO DIRECTO: Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Titulación de bacharelato en artes,ou de bacharelato experimental; título superior de conservación e restauración de bens culturais, licenciatura en belas artes, arquitectura, enxeñaría técnica en deseño industrial, ou ben acreditar unha experiencia laboral de polo menos un ano relacionada coas competencias profesionais do título ao que se queira acceder.
  • Titulación de técnico superior de artes plásticas e deseño, dunha familia relacionada coas ensinanzas que se desexan cursar.
  • Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Arquitectura ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

DESCRIPCIÓN DAS PROBAS:

Proba de Madureza

Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 17 a 18 horas.

• Primeira parte: Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía.  Exemplo

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión entre dúas que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

• Segunda parte: Historia da Arte. 

Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

Esta proba de madureza é válida para todo o estado español, non caduca e pode realizarse noutros centros de FP e outras EASD.

Proba específica

Primeira parte: de 10 a 14 horas. Segunda parte: de 17 a 19 horas.

a) Primeiro exercicio: proba escrita

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico- artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

 
Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.  
 
c) Terceiro exercicio: execución. 
 
Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa aspirante pretende acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO:

       >>> Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2019/20 

       >>> Documentación necesaria para a preinscición e para a matrícula

       >>> Taboleiro: oferta de prazas e calendario de acceso, probas e matrículas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria