Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Acceso]

Acceso Ciclos

NOVO: Listaxe de Definitiva da Avaliación das Probas Extraordinarias de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño de Setembro 2017

OFERTA DE PRAZAS PARA AS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO NA EASD MESTRE MATEO

Modular de Dourado e prateado 8 prazas

Ciclo Superior de Técnicas Escultóricas 0 prazas

LISTAXE DEFINITIVA Avaliación Proba de acceso Ciclo Formativo de Grao Medio en Procedementos de Xoiaría Artística 2017-18

Listaxe de Cualificacions Provisionais das Probas Extraordinarias de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño de Setembro 2017

Listaxe Provisional Avaliación Proba de acceso Ciclo Formativo de Grao Medio en Procedementos de Xoiaría Artística 2017-18

Listaxe de Admitidos para realizar as Probas Extraordinarias de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Artes Plásticas e Deseño de Setembro 2017

Probas Extraordinarias de Setembro para cursar as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/2018

Prazo de inscripción: ata o 8 de setembro. A inscrición para a realización das probas de acceso realizarase nas secretarias das seguintes EEASSD:

- “Antonio Faílde” de Ourense, para o ciclo formativo de grao superior de artes plásticas e deseño en “Ebanistería artística”, “Fotografía” e “Ilustración”.

- “Mestre Mateo” de Santiago de Compostela, para os ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño en, “Gráfica publicitaria”, “Proxectos e dirección de obras de decoración”, “Técnicas escultóricas”, e ensinanza modular de “Taller de dourado e prateado”.

- “Pablo Picasso” da Coruña, para os ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño en “Dourado, prateado e policromía” e “Escultura aplicada ao espectáculo” e ensinanza modular de “Taller de Talla en Madeira”.

- “Ramón Falcón” de Lugo, para os ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño en “Cerámica artística”, “Fotografía” e “Gravado e técnicas de estampación”

Publicación de inscritos/as, nas páxinas web das EEASSD de Galicia: Día 11 de setembro de 2017.

Realización da proba específica: Día 13 de setembro de 2017, na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) “Mestre Mateo”, e segundo o seguinte horario: Primeiro exercicio: das 10.00 ás 11.00 horas. / Segundo exercicio: das 12.00 ás 14.00 horas. / Terceiro exercicio: das 17.00 ás 19.00 horas.

Publicación de cualificacións provisionais nas páxinas web das EEASSD de Galicia: Día 14 de setembro de 2017.

Publicación das cualificacións definitivas e asignación de prazas nas páxinas web das EEASSD de Galicia e no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Día 15 de setembro de 2017.

Matrícula: Días 18 e 19 de setembro de 2017.

 

Asignación definitiva de prazas para cursar as ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/2018

Notas Finais: Tribunal A (Ilustración, Arquitectura Efémera, Proxectos e Dirección de Obras de Decoración, Xoiaría Artística, Modelismo da Indumentaria e Estilismo da Indumentaria). Tribunal B (Fotografía, Cerámica Artística, Gravado e Técnicas de Estampación, Técnicas Escultóricas, Escultura Aplicada ao Espectáculo, Dourado, Prateado e Policromía, Ebanistería Artística e Gráfica Publicitaria).

Publícase a listaxe de aspirantes que quedan exentos de realizar a proba específica de acceso aos Ciclos Formativos para o vindeiro curso por experiencia laboral.

Proba de Madureza. Notas Definitivas: Tribunal A (Ilustración, Arquitectura Efémera, Proxectos e Dirección de Obras de Decoración, Xoiaría Artística, Modelismo da Indumentaria e Estilismo da Indumentaria). Tribunal B (Fotografía, Cerámica Artística, Gravado e Técnicas de Estampación, Técnicas Escultóricas, Escultura Aplicada ao Espectáculo, Dourado, Prateado e Policromía, Ebanistería Artística e Gráfica Publicitaria).

Listaxe provisional de inscritos nos ciclos formativos de grao superior

INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN PARA AS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (ACCESO DIRECTO, PROBA MADUREZA E PROBA ESPECÍFICA)

INSCRICIÓN: na secretaría da Escola dende o luns 12 de xuño ata o martes 20 de xuño, para todos aqueles/as que elixan Fotografía, Arquitectura Efémera, Técnicas Escultóricas ou Xoiaría como primeira ou única opción. Todas as persoas aspirantes teñen que realizar a inscrición no prazo sinalado (acceso directo ou acceso mediante probas).

Consulta aquí o texto completo da resolución:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170609_instrucions_artes_plasticas.pdf

DATAS DAS PROBAS:

PROBA MADUREZA: xoves 29 de xuño desde las 10:00 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 17 a 18 horas.

ESPECÍFICA: venres 7 de xullo desde as 10:00 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela). Primeiro exercicio: de 10 a 11 horas. Segundo exercicio: de 12 a 14 horas. Terceiro exercicio: de 17 a 19 horas.

Para a formalización das solicitudes de admisión na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo (Grao Medio -Grao Superior) para o efecto. As persoas aspirantes que deban realizar a proba de madureza farano constar no punto correspondente da inscrición. 

Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se quira acceder como primeira ou única opción, xunto coa seguinte documentación 

ACCESO MEDIANTE PROBAS:

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos: 

a) Estar en posesión do título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.

b) As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel ao que pretenden acceder, e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.

ACCESO DIRECTO: Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Os que teñan a titulación de bacharelato en artes,ou de bacharelato experimental; título superior de conservación e restauración de bens culturais, licenciatura en belas artes, arquitectura, enxeñaría técnica en deseño industrial, ou ben acreditar unha experiencia laboral de polo menos un ano relacionada coas competencias profesionais do título ao que se queira acceder.
  • O que teña titulación de técnico superior de artes plásticas e deseño, dunha familia relacionada coas ensinanzas que se desexan cursar.

DESCRIPCIÓN DAS PROBAS:

Proba de Madureza. 29 xuño na EASD Mestre Mateo (Santiago). Primeira parte: de 10 a 13 horas. Segunda parte: de 17 a 18 horas.

A proba constará de dúas partes:

Primeira parte: Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España e Historia da Filosofía. O alumnado seleccionará tres destas materias e desenvolverá por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres escollidas. O tempo máximo para a realización desta proba será de tres horas. Exemplo

Segunda parte: Historia da Arte. Exemplo

Esta proba de madureza é válida para todo o estado español, non caduca e pode realizarse noutros centros de FP e outras EASD.

Proba Específica. 7 xullo na EASD Mestre Mateo (Santiago)Primeiro exercicio: de 10 a 11 horas. Segundo exercicio: de 12 a 14 horas. Terceiro exercicio: de 17 a 19 horas.

a) Primeiro exercicio: proba escrita

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico- artísticos.

 

b) Segundo exercicio: realización.
 
Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.  
 
c) Terceiro exercicio: execución. 
 
Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa aspirante pretende acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional. 
 

 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO:

    

       >>> Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2017/18. 

       >>> Documentación necesaria para a preinscición e para a matrícula

       >>> Taboleiro: oferta de prazas e calendario de acceso, probas e matrículas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria