Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Taller de Xoiaría]

Titulación

A superación dun Ciclo Formativo de Grao Medio de Artes Plásticas e Deseño deriva na obtención do título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade correspondente.

Este título é oficial e con validez académica e profesional en todo o Estado.
 
A superación dun módulo do ciclo acredita a adquisición das capacidades terminais relacionadas co devandito módulo, tendo validez en todo o Estado.
Permite a continuación dos estudos dese ciclo, coa validación deses módulos.
 
Denominación do título: Técnico en artes plásticas e deseño en procedementos de xoiaría artística
Duración total do título: 1.600 horas
 
A superación desta oferta modular acredita os seguintes módulos do Título:
 
o    Taller de Xoiaría (1º curso): 380 horas
o    Taller de Xoiaría (2º curso): 320 horas
 
CURRÍCULO: Decreto 100/2002, do 7 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de artes plásticas e deseño de procedementos de xoiaría artística. (D.O.G. do 8 de abril de 2002).
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria