Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Taller de Xoiaría]

Réxime de estudo

O réxime de estudo é igual que o previsto para os Ciclos Formativos de Ensinanzas Artísticas.

Matrícula e convocatorias
 
A matrícula debe realizarse para cada curso, dando dereito a unha única convocatoria anual por módulo.
Disponse dun máximo de catro convocatorias para cada módulo. Esgotadas as convocatorias, pódese solicitar unha convocatoria extraordinaria por causa xustificada.
 
Para poder matricularse no módulo Taller de Xoiaría II é preciso ter superado o módulo Taller de Xoiaría I.
 
Renuncia á matrícula. O alumno/a, co fin de non esgotar convocatorias, poderá renunciar por unha soa vez á avaliación por causa xustificada documentalmente. A solicitude de renuncia debe presentarse antes de dous meses da avaliación final do módulo. No seguinte curso deberá someterse a un novo proceso de admisión.
 
Anulación da matrícula. Antes do 31 de outubro poderá anularse a matrícula –sen esgotar convocatorias- a solicitude do alumno/a ou directamente polo centro de acumular dúas semanas consecutivas de faltas. A praza será cuberta polo alumnado en lista de espera.
 
Baixa de oficio da matrícula. O centro poderá dar de baixa ao alumnado que non asista sen xustificación 25 días lectivos consecutivos ou 35 descontinuos. A convocatoria computarase como consumida e o alumno/a deberá someterse a un novo proceso de admisión se desexa reincorporarse a esta oferta modular.
 
Avaliación.
 
A avaliación é continua, polo que é obrigatoria a asistencia do alumnado ás actividades dos módulos. Perderase o dereito á avaliación continua cando se acumulen faltas que superen o 10% da duración total do módulo, sexan xustificadas ou non.
 
As cualificacións dos módulos serán numéricas, de 0 a 10, sen decimais.
 
COMPLEMENTARIEDADE DAS PRAZAS COMO OFERTA MONOGRÁFICA
 
No caso de quedaren prazas vacantes unha vez resolto o proceso de admisión á Oferta Modular da Escola, as ditas vacantes poderán ser ofertadas ao alumnado que non curse ensinanzas regradas, a través dos cursos monográficos que oferte o centro. Neste caso as prazas cubriranse por estrita orde de chegada, e o alumnado poderá obter unha certificación da formación recibida.
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria