Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Taller de Xoiaría]

Presentación

Os módulos de taller de xoiaría permiten adquirir a formación práctica para desenvolver tarefas propias dun técnico de xoiaría.

 
Esta formación modular organízase en dous módulos, a cursar en dous anos, por ser os seus contidos de carácter progresivo.
 
Ofértanse para o 1º módulo -Taller de Xoiaría I- 15 prazas. O réxime de acceso é exactamente igual que para un Ciclo Medio de Ensinanzas Artísticas Profesionais.
 
De superar este primeiro módulo, o alumno poderá matricularse no Taller de Xoiaría II.
 
Por outra banda, de non cubrirse as 15 prazas ofertadas para o Taller de Xoiaría I, abriranse para calquera persoa interesada, na modalidade de Curso Monográfico, obtendo no caso de superalo, unha certificación acreditativa sen validez oficial.
 
 
A CARTA DE ARTESÁN
Pódese solicitar á Dirección Xeral de Comercio, da Consellería de Economía e Industria, a Carta  de Artesán superando cursos en centros de ensino que impartan formación artesán cunha duración mínima de 500 horas.
 
Por tanto, superando os dous módulos pódese solicitar a Carta, inscribíndose ao artesán no Rexistro de Artesanía de Galicia, na actividade correspondente –xoiaría neste caso-.
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria