Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Taller de Xoiaría]

Acceso

O sistema de acceso é exactamente igual que para un Ciclo Formativo de Grao Medio de Ensinanzas Artísticas Profesionais.

Modalidades de acceso

 

Acceso directo

Cubriranse as prazas por este orde:

  1. Título da ESO e acreditar experiencia laboral de polo menos un ano nas competencias do ciclo.
  2. Cursos comúns de artes aplicadas e oficios (Plan do 63 e Plan Experimental do 84)
  3. Bacharelato Artístico
  4. Técnico ou Técnico Superior en artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada, ou equivalente.
  5. Título Superior de Deseño, Título Superior de Artes Plásticas ou Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  6. Arquitectura, Licenciatura en Belas Artes ou Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial.

Dentro de cada titulación ordenaranse os solicitantes pola media aritmética das cualificacións dos estudos alegados.

 
 
 
 
 
 
 
un mínimo do 50% das prazas
Acceso mediante proba específica    - Título de Graduado na ESO ou equivalente

 

   - Os aspirantes que cumpran 17 anos no ano de realización da proba, sen titulación de acceso, superando previamente unha proba de madureza

un mínimo do 35% das prazas

Reserva Deportistas de Alto Nivel e Rendemento

    Superando a proba específica

un mínimo do 5% das prazas
Reserva Minusvalidez de polo menos 33%
    Superando a proba específica
un mínimo do 5% das prazas
As prazas non cubertas en calquera destas modalidades de acceso pasarán ás outras.
 
Probas de acceso.

 

1º. PROBA DE MADUREZA (os alumnos que estando obrigados a facela a superen, realizarán posteriormente a proba específica)
A proba de acceso constará de dúas partes:
 
1. Parte xeral: materias comúns da ESO.
O alumno desenvolverá as cuestións que se formulen a partir dun texto escrito sobre as seguintes materias: lingua galega, lingua castelá, contidos socioculturais, contidos científico-tecnolóxicos (matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía).
Nestos exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo da ESO. Seleccionaranse tres das devanditas materias e desenvolver por escrito unha cuestión de entre dúas que se propoñan, para cada unha das tres elixidas.
Tempo máximo do exercicio: 3 horas.
 
2. Realización dun exercicio compositivo de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo exento e inanimado.
 
Tempo máximo do exercicio: 3 horas.
 
2º. PROBA ESPECÍFICA
 
a) Primeiro exercicio: proba escrita.
Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.
 
b) Segundo exercicio: realización.
Realización, durante un máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización.
 
c) Terceiro exercicio: execución.
Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo a que o alumno aspira a acceder.
                              Enlace Consellería Educación: Exemplos de probas de acceso

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria