Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[]

Programa

Módulo: Taller de dourado e prateado.

Horas totais lectivas: 216

Horas lectivas semanais: 6 (horario de mañá)

Créditos ECTS: 12

 

Obxectivos.

1º. Identificar e valorar as diferentes técnicas de dourado e prateado e analizar as etapas e procedementos propios de cada unha, e os materiais, ferramentas e útiles correspondentes aos distintos momentos do proceso.

2º. Seleccionar a técnica e os materiais máis axeitados ás características técnicas, funcionais, artísticas e de produción dun proxecto e materializalo atendendo ás esixencias de calidade do produto rematado

3º. Coñecer e identificar os materiais actuais e tradicionais propios deste taller estudar o seu comportamento e posibilidades plásticas e os tratamentos técnicos que requiren.

4º. Almacenar, conservar e preparar en condicións óptimas de utilización, os materiais propios da súa actividade.

5º. Coñecer, manter e utilizar a maquinaria e a ferramenta específicas.

6º. Coñecer e realizar con calidade técnica e estética os procesos de dourado e prateado de obras artísticas, levando a cabo os controis axeitados en cada momento do proceso produtivo, identificar os problemas que xorden e solucionalos en función da necesaria calidade do produto rematado.

8º. Organizar o taller de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais da maquinaria, as instalacións, o espazo e o/a usuario/a, tendo en conta as normativas que regulan a actividade laboral e a seguridade e hixiene no traballo.

 

Contidos.

1º. Planificación de obras artísticas de dourado e prateado. Análise dos procesos de dourado e prateado. Fases de realización.

2º. Materiais, ferramentas e útiles para o dourado e prateado de obras artísticas.

3º. Preparación de soportes de obras artísticas de dourado e prateado. Tipos e características.

4º. Técnicas decorativas en xeso. Tipos e características.

5º. Técnicas de dourado e prateado sobre diferentes soportes, superficies e obxectos.

6º. Procesos de dourado e prateado de obras artísticas. Tipos e características.

7º. Protección de obras douradas ou prateadas.

8º. Organización da actividade profesional dun taller. Criterio ergonómicos, funcionais, produtivos, de seguridade e hixiene e medio- ambientais.

 

Criterios de avaliación.

Valorarase a capacidade do/a alumno/a para:

1º. Clasificar as técnicas de dourado e prateado dunha obra, describindo as etapas e procedementos propios de cada unha, indicando os materiais, útiles e ferramentas correspondentes a cada momento do proceso.

2º. Seleccionar a técnica de dourado e prateado máis axeitada ás características

técnicas, funcionais e artísticas dunha obra atendendo ás esixencias de calidade do produto rematado.

3º. Coñecer e realizar con calidade técnica e estética os procesos de dourado e prateado das obras artísticas, levando a cabo os controis axeitados en cada momento do proceso.

4º. Desenvolver e planificar o proceso de dourado e prateado dunha obra, identificando os problemas que xurdan e dándolles solución.

5º. Realizar as labores de organización do taller cumprindo as medidas preventivas e as normas que regulan a actividade laboral e de seguridade e hixiene no traballo, de acordo cos requisitos ergonómicos e funcionais.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria