Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Taller de Dourado e Prateado]

Presentación

O Taller de Dourado e Prateado é un módulo de 216 horas, do Ciclo Superior de Dourado, Prateado e Policromía, pertencente á familia profesional artística de Escultura.

O obxectivo básico do CS de Dourado, Prateado e Policromía é o de atender ás necesidades de formación de técnicos/as superiores especialistas nas técnicas de dourado, prateado e policromía, e xuntar o coñecemento de materiais, procedementos técnicos e novas tecnoloxías coa cultura e a sensibilidade artística para constituír a garantía de calidade demandada hoxe polos sectores produtivos, artísticos e culturais vinculados ao ámbito desta especialidade.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria