Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Produto]

Recoñecemento e transferencia de créditos

Recoñecemento de créditos
Consiste na aceptación dos créditos obtidos noutras ensinanzas oficiais, computándose para a obtención do Título Superior de Deseño.
Pódese consultar a información completa sobre o recoñecemento de créditos ECTS das ensinanzas superiores de Deseño no 
CAPÍTULO IV: Recoñecemento de créditos ECTS da ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.


Transferencia de créditos
Consiste na inclusión no expediente académico do alumno/a da totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais que non conduciron á obtención dun título oficial.


Dende outros centros de ensinanzas artísticas superiores ou noutros centros do Espazo Europeo da Educación Superior

Poderán ser obxecto de recoñecemento tendo en conta a concordancia entre competencias, contidos e número de créditos ECTS asociados ás disciplinas cursadas e as do plan de estudos nas que se solicite o recoñecemento.

Estudos cursados ou superados noutra especialidade das mesmas ensinanzas artísticas superiores de Deseño: recoñeceráselle a totalidade dos créditos ECTS obtidos asociados ás disciplinas de formación básica que estea cursando. Para o resto das disciplinas, serán de aplicación os criterios xerais recollidos no Anexo II da ORDE do 21 de novembro 

 

Dende os Estudos Superiores de Deseño (plan antigo)

Estudos cursados ou superados en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, segundo plans de estudos previos en Galicia, seranlle recoñecidos os créditos ECTS segundo o Anexo II da ORDE do 21 de novembro 

Estudos cursados ou superados en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, segundo plans de estudos previos noutras comunidades autónomas, seranlle recoñecidos os créditos ECTS segundo o disposto no artigo 14 da Orde do 21 de novembro de 2016

Dende titulacións universitarias de plans anteriores ao establecemento do Espazo Europeo de Educación Superior

Seranlle recoñecidos os créditos ECTS segundo o disposto no artigo 14 da Orde do 21 de novembro de 2016

Dende titulacións universitarias de grao

Ao alumnado qe cursa as ensinanzas superiores en Deseño e estea en posesión dun título de grao universitario, integrado nunha rama de coñecemento directamente relacionada coas ensinanas superiores de Deseño, segundo o establecido no anexo 2.a) do Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro, seralle recoñecido un mínimo de 36 créditos ECTS segundo o establecido no anexo 1 do citado Real decreto.

Recoñecemento de créditos ECTS asociados ás Prácticas Externas, consultar o 2.a) do Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro

Dende un Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño

Ao alumnado de ensinanzas superiores de Deseño que estea en posesión dun título de técnico/a superior en Artes Plásticas e Deseño, ou titulación declarada equivalente, seranlle recoñecidos un mínimo de 30 créditos ECTS asignados ás disciplinas integradas nas ensinanzas superiores de Deseño que está cursando, en función da relación directa entre a especialidade das ensinanzas superiores de Deseño que estea cursando e as ensinanzas de artes plásticas e deseño que teña cursadas, segundo o establecido no anexo 2.c) do citado Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro.

Tamén é posible solicitar o recoñecemento de créditos ECTS asociados á disciplina de Prácticas Externas.

Dende un Ciclo Superior de Formación Profesional

Ao alumnado de ensinanzas superiores de Deseño que estea en posesión dun título de técnico superior de Formación Profesional, ou titulación declarada equivalente, seranlle recoñecidos un mínimo de 30 créditos ECTS, asignados ás disciplinas integradas nas ensinanzas superiores de Deseño que está cursando, en función da relación directa entre a especialidade das ensinanzas superiores de Deseño que estea cursando e as ensinanzas de Formación Profesional que teña cursadas, segundo o establecido no anexo 2.e) do citado Real decreto 1618/2011, do 14 de novembro.

Tamén é posible solicitar o recoñecemento de créditos ECTS asociados á disciplina de Prácticas Externas.

Dende un Título de Técnico Superior en Ensinanzas Deportivas 

Ao alumnado de ensinanzas superiores de Deseño que estea en posesión dun título de técnico superior deportivo, ou titulación declarada equivalente, seranlle recoñecidos un mínimo de 27 créditos ECTS, asignados ás disciplinas integradas nas ensinanzas superiores de Deseño que está cursando.
Información completa no Anexo II da ORDE do 21 de novembro  

Recoñecemento total ou parcial dos créditos ECTS asociados á disciplina de Prácticas Externas

Ao alumnado que cursa as ensinanzas superiores de Deseño poderánselle recoñecer créditos ECTS asociados á disciplina de Prácticas Externas pola experiencia laboral ou profesional acreditada, sempre que a dita experiencia laboral ou profesional estea directamente relacionada coas competencias inherentes ao título a que conduce os estudos que cursa. O número de créditos ECTS que se lle recoñezan, asociados á disciplina de Prácticas Externas, non poderá exceder o 15 % da totalidade dos créditos ECTS asociados ao plan de estudos.


Recoñecemento de créditos por actividades culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias ou de cooperación

O alumnado poderá obter o recoñecemento de ata un máximo de 6 créditos ECTS no total do plan de estudos pola participación, debidamente acreditada, en actividades culturais, artísticas, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, sempre que a natureza da actividade se relacione directamente coas competencias transversais, xerais ou específicas do título.

Límites ao recoñecemento de créditos ECTS nas ensinanzas superiores de Deseño

Consultar o Artigo 16 do CAPÍTULO IV: Recoñecemento de créditos ECTS da ORDE do 21 de novembro de 2016

 

Procedemento para o recoñecemento de créditos ECTS. Solicitude, prazos e documentación

PRAZO: A solicitude deberá realizarse no momento de formalización da matrícula.

DOCUMENTACIÓN: Xunto coa solicitude, o alumnado achegará a seguinte documentación:

  • certificación académica oficial dos estudos cursados
  • no caso que os estudos superados fosen cursados segundo plans de estudos establecidos por outras administracións educativas, o alumno achegará os programas oficiais seguidos nas disciplinas ou módulos que sustentan a solicitude, visados polos centros oficiais en que se teñan superado

Resolución:  a dirección xeral competente en materia de ensinanzas artísticas superiores resolverá e notificará aos centros, sobre as solicitudes de recoñecemento de créditos ECTS recibidas no prazo máximo de tres meses contado a partir do día seguinte ao de entrada das solicitudes na devandita dirección xeral.

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria