Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Produto]

Presentación

As Ensinanzas Superiores de Deseño de Produto buscan a formación de deseñadores no campo da produción de obxectos.

Dende o estímulo da creatividade, o sentido crítico, a inquietude e a indagación formal, o noso alumnado dótase das ferramentas necesarias para desenvolver con solvencia e de modo autónomo proxectos de deseño industrial. O coñecemento dos materiais e das técnicas de produción, o dominio do software específico ou as técnicas de mercadotecnia son disciplinas imprescindibles para a completa formación dun Deseñador de Produto.

Obxectivos da titulación:

As ensinanzas artísticas superiores de Deseño terán como obxectivo a formación cualificada de profesionais no ámbito do deseño, capaces de comprender, definir e optimizar os produtos e servizos do deseño nos seus diferentes ámbitos, dominar os coñecementos científicos, humanísticos, tecnolóxicos e artísticos e os métodos e procedementos asociados a eles, así como xerar valores de significación artística, cultural, social e ambiental, en resposta aos cambios sociais e tecnolóxicos que se vaian producindo.

O perfil do/a titulado/a superior de Deseño corresponde ao/á dun/dunha profesional cualificado/a capaz de concibir, fundamentar e documentar un proceso creativo a través do dominio dos principios teóricos e prácticos do deseño e da metodoloxía proxectual, capaz de integrar as diversas linguaxes, as técnicas e as tecnoloxías na correcta materialización de produtos.

Os/as titulados/as Superiores de Deseño estarán capacitados/as para o exercicio da creación e da investigación.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria