As Ensinanzas Superiores de Deseño só se pode cursar en modalidade presencial.
Matrícula
A primeira matrícula deberá realizarse por curso completo.
Nas seguintes matrículas, o número mínimo de créditos matriculados por curso académico será de 30, e o máximo será de 75. Non se terá en conta a estes efectos os créditos asociados ás disciplinas nas que o alumnado teña solicitado e obtido o recoñecemento.
De ser o caso, será obrigatoria a matrícula en tódalas disciplinas pendentes.
Renuncia de matrícula. O alumno poderá solicitala en setembro ante a Dirección da Escola. Non implicará a devolución de taxas.
Convocatorias
Número de convocatorias:
En cada curso haberá dúas convocatorias para cada materia (ordinaria e extraordinaria)
Disponse de 4 convocatorias para superar cada materia -salvo para as Prácticas externas e para o Traballo de fin de grao, que serán 2 convocatorias-.
Esgotadas as convocatorias poderá solicitarse ao Director da Escola a concesión dunha convocatoria extraordinaria, alegando causa xustificada, no prazo de 5 días dende que se comunica a cualificación que esgota a cuarta convocatoria.
Anulación de convocatoria:
Non se presentar ás probas esgota convocatoria, salvo que se solicite a súa anulación.
Os prazos para solicitar a anulación de convocatorias (ordinaria e extraordinaria) pódense consultar no Calendario Escolar de cada cuso publicado na web
As solicitudes de anulación deberá dirixirse ao Director da Escola, acreditando unha causa xustificada, non sendo admisible a simple falta de rendemento académico.
Permanencia
A permanencia máxima na Escola será de 8 cursos académicos por especialidade.
Avaliación
A avaliación é continua. A asistencia do alumnado a clase é obrigatoria.
Os criterios de avaliación especificaranse nas programacións didácticas.
A avaliación do Traballo de fin de grao requirirá ter aprobadas a totalidade das demais materias do plan de estudos.
As cualificacións serán numéricas, de 0 a 10 cun decimal, e poderá engadirse cualificación cualitativa:
0 - 4,9 : suspenso (SS)
5,0 - 6,9: aprobado (AP)
7,0 - 8,9: notable (NT)
9,0 - 10: sobresaínte (SB)
A mención de matrícula de honra poderase outorgar a alumnos/ás con cualificación de 9,0 ou superior, ata un número máximo dunha por materia.
Materias chave
Tecnoloxía dixital | Tecnoloxía dixital aplicada | |
Volume | Modelos e prototipos I | |
Historia das artes e o deseño | Historia do deseño industrial | |
Deseño básico Fundamentos do deseño |
Proxectos de deseño de produto I | Proxectos de deseño de producto II |
Ciencia aplicada ao deseño | Materiais I | Materiais II |
Deseño gráfico aplicado aos produtos | Proxectos de envases e embalaxes |
Reclamacións
Poderá presentarse reclamación contra as cualificacións finais ante o Director da Escola, no prazo de dous días hábiles dende a comunicación pública da cualificación. Descargar o modelo para presentar as reclamacións aquí
Idioma en que se imparte o título
Galego e Castelán