Competencias transversais do título superior de Deseño
Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias transversais:
T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T5. Comprender e utilizar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.
T6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.
T7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.
T10. Liderar e xestionar grupos de traballo.
T11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.
T12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.
T13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
T14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
T16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.
T17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.
Competencias xerais do título superior de Deseño
Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias xerais:
X1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
X2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio. X6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
X7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.
X8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.
X10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.
X11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.
X12. Afondar na historia e na tradición das artes e o deseño.
X13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.
X14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.
X15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.
X16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sustentables.
X17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.
X18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
X21. Dominar a metodoloxía de investigación.
X22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.
Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Produto
Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de Deseño de Produto deben posuír as seguintes competencias específicas: EP1. Determinar as características finais dos produtos, servizos e sistemas coherentes cos requisitos e relacións estruturais, organizativas, funcionais, expresivas e económicas definidas no proxecto.
EP2. Resolver problemas proxectuais mediante a metodoloxía, destrezas e procedementos adecuados.
EP3. Propoñer, avaliar e determinar solucións alternativas a problemas complexos de deseño de produtos e sistemas.
EP4. Valorar e integrar a dimensión estética en relación ao uso e funcionalidade do produto.
EP5. Analizar modelos e sistemas naturais e as súas aplicacións no deseño de produtos e sistemas.
EP6. Determinar as solucións construtivas, os materiais e os principios de produción adecuados en cada caso.
EP7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e comportamento dos materiais utilizados no deseño de produtos, servizos e sistemas.
EP8. Coñecer os procesos para a produción e desenvolvemento de produtos, servizos e sistemas.
EP9. Dominar os recursos gráfico-plásticos da representación bidimensional e tridimensional.
EP10. Producir e comunicar a información adecuada relativa á produción.
EP11. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de produto.
EP12. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e á execución de proxectos de deseño de produto.
EP13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de produto.
EP14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
EP15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.