Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Produto]

Campo profesional

O ámbito de inserción profesional dun Deseñador de Produto é amplo e abrangue todos os sectores produtivos nos que se elaboren obxectos de consumo ou os seus envases e embalaxes.

Sectores como o do mobiliario, xoiaría, iluminación, tenda de xoguetes e material infantil, automoción, náutica, útiles domésticos, envases, elementos construtivos, material deportivo... demandan deseñadores altamente cualificados para a creación e desenvolvemento de produtos destinados ao mercado, onde a través da diferenciación, a mellora do deseño e a calidade final se alcanza o éxito comercial.

O alumnado que finaliza os estudos de Deseño de Produto ten unha alta inserción profesional, en estudos independentes de deseño ou incorporándose aos departamentos creativos de empresas de todos os sectores produtivos.

Isto esixe forxar profesionais cunha sólida formación multidisciplinar que lles permita a adaptabilidade aos diferentes sectores onde desenvolven a súa carreira profesional.

Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son:

- Deseño de envases e embalaxes.
- Deseño de calzado.
- Deseño de xoguetes.
- Deseño de electrodomésticos.
- Deseño de mobiliario para o hábitat.
- Deseño de mobiliario de oficina.
- Deseño de elementos urbanos.
- Deseño de iluminación e luminarias.
- Deseño no ámbito da automoción.
- Deseño de ferramentas e accesorios.
- Deseño de produto cerámico.
- Deseño de sanitarios e billas.
- Deseño para a artesanía.
- Deseño para condicións especiais.
- Deseño téxtil.
- Enxoval.
- Deseño de sistemas.
- Xestión do deseño.
- Desenvolvemento de produto.
- Deseño, investigación e desenvolvemento de novos conceptos, materiais, aplicacións e produtos.
- Investigación e docencia.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria