Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Titulación

As Ensinazas Artírticas Superiores de Deseño cursaranse nas Escolas Superiores de Deseño -artigo 58 da LOE e artigo 2 do R.D. 633/2010, do 14 de maio-.

A superación das ensinanzas de Deseño dará lugar á obtención do Título Superior de Deseño, especificando a especialidade correspondente.

Este título ten carácter oficial e validez académica e profesional en todo o territorio nacional, e é equivalente a todos os efectos ao título universitario de Grao.

As especialidades das Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño son as seguintes: Gráfico, Produto, Interiores e Moda.

Os plans de estudos comprenden 4 cursos académicos de 60 créditos ECTS cada un, cun total de 240 créditos ECTS.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria