Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Recoñecemento e transferencia de créditos

Recoñecemento de créditos
Consiste na aceptación dos créditos obtidos noutras ensinanzas oficiais, computándose para a obtención do Título de Deseño.
Pódese consultar a información completa sobre o recoñecemento de créditos ECTS das ensinanzas superiores de Deseño no CAPÍTULO IVRecoñecemento de créditos ECTS da ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro, polo que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.


Transferencia de créditos
Consiste na inclusión no expediente académico do alumno/a da totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais que non conduciron á obtención dun título oficial.


Dende os Estudos Superiores de Deseño

Extinción progresiva: No curso académico 2010-2011 iniciarase a extinción progresiva dos Estudos Superiores de Deseño, segundo o seguinte cadro:

 

 

Estudos Superiores de Deseño

Curso 2010-2011

Extinción de 1º curso

Curso 2011-2012

Extinción de 2º curso

Curso 2012-2013

Extinción de 3º curso





      Alumnado que deba incorporarse á nova titulación

Para quen se vira afectado pola extinción progresiva dos Estudos Superiores de Deseño e se deba incorporar ao novo plan de estudos, a Consellería de Educación establecerá un procedemento especial de recoñecemento de créditos, sendo computados para a obtención do novo Título Superior de Deseño.

Alumnos titulados

Os que estando en posesión do Título de Deseño (finalizados os Estudos Superiores de Deseño) desexen obter o Título Superior de Deseño na mesma especialidade, obterán o recoñecemento de, polo menos, 180 créditos ECTS, debendo superar a formación adicional que a Consellería de Educación determine.

Os que estando en posesión do Título de Deseño (finalizados os Estudos Superiores de Deseño) desexen obter o Título Superior de Deseño noutra especialidade diferente, obterán o recoñecemento dos créditos correspondentes a todas as materias de formación básica.

Os demais créditos obtidos nos Estudos Superiores poderán ser recoñecidos pola Consellería de Educación, tendo en conta a adecuación entre as competencias e os contidos das materias cursadas e os previstos no plan de estudos que se encontre cursando.

En ningún caso serán obxecto de recoñecemento os créditos do Traballo fin de grao dos estudos que se encontre cursando.

Dende outras ensinanzas oficiais do mesmo nivel ou superior

O alumno/a poderá solicitar o recoñecemento de créditos obtidos nun ensino oficial do mesmo nivel académico ou superior, tanto en centros de ensinanzas artísticas superiores coma noutro centro do Espazo Europeo de Educación Superior.

Para o recoñecemento de créditos atenderase ás competencias e os contidos das materias cursadas e os previstos no plan de estudos que estea a cursar

Dende un Ciclo Superior de Artes Plásticas e Deseño

O alumnado cun Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño directamente relacionado coa especialidade cursada, poderá solicitar o recoñecemento de créditos, segundo as competencias e os contidos das materias cursadas e os previstos no plan de estudos que estea a cursar.

Recoñecemento de créditos por outras actividades

O alumnado poderá obter o recoñecemento de ata un máximo de 6 créditos ECTS pola participación, debidamente acreditada, en actividades culturais, artísticas, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación.

Traslado de Expediente dende outra Comunidade Autónoma para continuar os mesmos estudos de Grao en Deseño

Recoñecerase a totalidade dos créditos ECTS obtidos.


 

Procedemento para o recoñecemento de créditos ECTS

Os alumnos/ás matriculados nos estudos de Deseño poderán presentar ante a dirección da Escola a solicitude de recoñecemento, acompañada da seguinte documentación:

- certificación académica que permita verificar a superación da materia e a cualificación obtida
- programación oficial da materia.

PRAZOnos primeiros 15 días hábiles desde o inicio do curso.

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria