Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Normativa académica

As Ensinanzas Superiores de Deseño só se pode cursar en modalidade presencial.

Matrícula
A primeira matrícula deberá realizarse por curso completo.

Nas seguintes matrículas, o número mínimo de créditos matriculados por curso académico será de 30, e o máximo será de 75. Non se terá en conta a estes efectos os créditos asociados ás disciplinas nas que o alumnado teña solicitado e obtido o recoñecemento.

De ser o caso, será obrigatoria a matrícula en tódalas disciplinas pendentes.

Renuncia de matrícula. O alumno poderá solicitala en setembro ante a Dirección da Escola. Non implicará a devolución de taxas.

Convocatorias

Número de convocatorias:
En cada curso haberá dúas convocatorias para cada materia.
Disponse de 4 convocatorias para superar cada materia -salvo para as Prácticas externas e para o Traballo de fin de grao, que serán 2 convocatorias-.
Esgotadas as convocatorias poderá solicitarse ao Director da Escola a concesión dunha convocatoria extraordinaria, alegando causa xustificada, no prazo de 15 días dende que se comunica a cualificación que esgota a cuarta convocatoria.
A concesión da convocatoria extraordinaria só permite a realización do exame, sen dereito de asistencia a clase.

Anulación de convocatoria:
Non se presentar ás probas esgota convocatoria, salvo que se solicite a súa anulación.
O prazo para solicitar a anulación de convocatoria ordinaria finaliza un mes antes do inicio do período de probas. A anulación da convocatoria extraordinaria poderá realizarse ata unha semana antes do inicio do período das probas.
As solicitudes de anulación deberá dirixirse ao Director da Escola, acreditando unha causa xustificada, non sendo admisible a simple falta de rendemento académico.

Permanencia
A permanencia máxima na Escola será de 6 cursos académicos por especialidade.

Na primeira matrícula do 1º curso será preciso superar 20 créditos ECTS para poder continuar os estudos.

Avaliación
A avaliación é continua. A asistencia do alumnado a clase é obrigatoria.
Os criterios de avaliación especificaranse nas programacións didácticas.

A avaliación do Traballo de fin de grao requirirá ter aprobadas a totalidade das demais materias do plan de estudos.

As cualificacións serán numéricas, de 0 a 10 cun decimal, e poderá engadirse cualificación cualitativa:

0 - 4,9 : suspenso (SS)
5,0 - 6,9: aprobado (AP)
7,0 - 8,9: notable (NT)
9,0 - 10: sobresaínte (SB

A mención de matrícula de honra poderase outorgar a alumnos/ás con cualificación de 9,0 ou superior, ata un número máximo dunha matrícula por cada 20 alumnos/ás matriculados na devandita materia. Poderase conceder unha única matrícula de honra cando o número de matriculados sexa inferior a 20.
 

Materias chave
1º curso 2º curso 3º curso
Tecnoloxía digital Deseño gráfico aplicado á moda  
Volume Estruturas  
Deseño básico Deseño de moda I Deseño de moda II
Patronaxe básico Patronaxe I Patronaxe II
  Modelismo e prototipos Proxectos de deseño de moda
  Tecnoloxía téxtil I Tecnoloxía téxtil II
  Materias téxtiles I Materias téxtiles II

 

Reclamacións

Poderá presentarse reclamación contra as cualificacións finais ante o Director da Escola, no prazo de dous días hábiles dende a comunicación pública da cualificación.

Idioma en que se imparte o título

Galego e Castelán

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria