Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Empresas

O plan de estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda inclúe a disciplina “Prácticas Externas”, que debe cursarse no 4º curso.

As “Prácticas Externas” teñen unha carga lectiva de 12 créditos ECTS e 250 horas de duración mínima de prácticas na empresa.

Realizaranse polo alumnado en empresas nas que a actividade principal se desenvolva no ámbito profesional do Deseño de Moda, en tarefas directamente relacionadas coas competencias específicas acadadas polo alumnado ao longo dos seus estudos.

 

Para a formalización destas prácticas, a empresa asinará un convenio coa EASD Mestre Mateo no que conste de xeito individualizado para cada alumno/a o calendario e o horario, o responsable do cumprimento do convenio por parte da empresa e a definición das tarefas nas que o alumnado terá que participar.
 

Máis información:

empresas@easd.es
 
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria