Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Competencias EESS Deseño de Moda

Competencias transversais do título superior de Deseño

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias transversais:

T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T5. Comprender e utilizar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.

T6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal. 

T7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

T10. Liderar e xestionar grupos de traballo.

T11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

T12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

T17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos. 

Competencias xerais do título superior de Deseño

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias xerais:

X1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos. 

X2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio. X6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

X7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

X8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.

X10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

X12. Afondar na historia e na tradición das artes e o deseño.

X13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

X14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

X15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

X16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sustentables. 

X17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

X18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X21. Dominar a metodoloxía de investigación.

X22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Moda

Ao rematar os seus estudos, os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de deseño de Moda, deben posuír as seguintes competencias específicas:

EM1. Xerar propostas creativas de deseño de moda e indumentaria adecuadas aos condicionamentos materiais, formais, estéticos, comunicativos e funcionais dos supostos de traballo.

EM2. Concibir e materializar proxectos de deseño de moda e indumentaria que integren os aspectos formais, materiais, técnicos, funcionais, comunicativos e de realización.

EM3. Coñecer as características, propiedades e comportamento dos materiais utilizados nos distintos ámbitos do deseño de moda e indumentaria.

EM4. Coñecer a maquinaria e os procesos de fabricación, produción e manufacturamento dos sectores vinculados ao deseño de moda e indumentaria.

EM5. Adecuar a metodoloxía e as propostas de deseño á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

EM6. Fundamentar o proceso creativo en estratexias de investigación, metodolóxicas e estéticas.

EM7. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

EM8. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e de realización que xurdan durante o desenvolvemento e a execución do proxecto.

EM9. Analizar os estudos de mercado e a súa incidencia no desenvolvemento de novos produtos e coleccións.

EM10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de moda e indumentaria. 

EM11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e a execución de proxectos de deseño de moda e indumentaria.

EM12. Coñecer o marco económico e organizativo en que se desenvolve a actividade empresarial.

EM13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño de moda e indumentaria.

EM14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

EM15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción. 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria