Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Campo profesional

As ensinanzas de Deseño de Moda buscan a capacitación profesional que permita unha rápida incorporación ao mercado laboral: xa sexa poñendo en marcha o seu propio proxecto, ou entrando a formar parte dos departamentos de deseño de empresas punteiras do mundo da moda.

O deseñador de moda é un profesional capaz de configurar material e formalmente os produtos de deseño téxtil e da indumentaria en distintos ámbitos, atendendo as necesidades e as tendencias do mercado, de creatividade, de innovación e a súa viabilidade técnico-produtiva, económica, medio-ambiental e sociocultural. Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son:
 

·           Deseño de moda e indumentaria.

·           Coolhunter - Investigación de tendencias.

·           Estilismo.

·           Dirección artística.

·           Vestiario teatral e cinematográfico.

·           Deseño de complementos.

·           Deseño téxtil.

·           Deseño e xestión de imaxe corporativa.

·           Xestión empresarial de actividades creativas.

·           Deseños personalizados ou corporativos.

·           Deseño de moda e indumentaria para actividades especificas.

·           Figurinos.

·           Xastraría e confección á medida.

·           Deseño, investigación e desenvolvemento de novos conceptos, materiais, aplicacións e produtos.

·           Investigación e docencia.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria