Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[]

Acceso Deseño 2017/18

NOVO: Relación definitiva de aspirantes admitidos/as a cursar os estudos superiores de deseño nas escolas de arte e superiores de deseño públicas (EEASSD) para o curso 2017/2018. Consultable aquí

MOI IMPORTANTE: Os/As aspirantes que acadaron praza deben formalizar a súa matrícula no prazo establecido para elo na Resolución do 4 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 16 de xuño), do día 12 ao día 20 de xullo. De non facelo, agás causa de forza maior, debidamente xustificada e apreciada pola Dirección da EASD correspondente, o/a aspirante decaerá nese dereito e a súa praza seralle ofrecida ao/á aspirante con máis dereito da listaxe de espera.

Relación provisional de aspirantes admitidos/as a cursar os estudos superiores de deseño nas escolas de arte e superiores de deseño públicas (EEASSD) da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/2018.

Listaxe definitiva de inscritos

Listaxe provisoria inscritos

Cualificacións provisionais das probas para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non cumpran o requisito de titulación

 

PUBLICADAS AS INSTRUCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN PARA AS ENSINANZAS DE DESEÑO (ACCESO DIRECTO E PROBA ESPECÍFICA)

INSCRICIÓN: na secretaría da Escola ata o día 9 de xuño (incluído), para todos aqueles/as que elixan Deseño de Moda ou Deseño de Produto como primeira ou única opción.

IMPORTANTE: aqueles aspirantes que non teñan aprobado o bacharel ou titulación equivalente terán que superar a proba de madureza para poder realizar a proba específica (inscricións ata o 31 de maio). Non se reservarán prazas para aspirantes pendentes de aportar o título de bacharelato en setembro

PROBA ESPECÍFICA: 22 de xuño na EASD Pablo Picasso (A Coruña)  Primeira parte: das 11.00 ás 13.00 horas. – Segunda parte: das 16.00 ás 20.00 horas

Para a formalización das solicitudes de admisión na Secretaría falicitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto, no que se indicará
a orde de preferencia de especialidade e escola na que se desexan cursar estas ensinanzas. Unha vez cuberto, deberase presentar unha única solicitude na secretaría, xunto coa seguinte documentación:

  • título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
  • título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño, no caso de optar pola quenda de acceso directo,
  • ou título universitario (aquelas persoas que, tendo accedido á universidade por unha vía distinta á do bacharelato,acrediten estar en posesión dun título universitario de licenciado ou graduado)
  • xustificante de pago de taxas (para os aspirantes que teñan que realizar a proba específica)

Pago de taxas. Na Secretaría facilitarase o impreso para o pagamento (hai oficinas bancarias preto da Escola)

A información completa podes consultala no enlace.

NOVO: CONVOCADA A PROBA DE MADUREZA PARA AS ENSINANZAS DE DESEÑO. Para aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente, e non teñan superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e cumpran os 18 anos no 2017.

IMPORTANTE: nesta convocatoria non se van gardar prazas para aspirantes pendentes de aportar o título de bacharelato en setembro.

INSCRICIÓN: na secretaría da Escola ata o día 31 de maio

PROBA MADUREZA: 7 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.
Para a formalización das solicitudes de admisión, na Secretaría facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI ou NIE ou pasaporte. Se traedes fotocopia e orixinal, compulsamos na Secretaría.

A información completa a podedes consultar no enlace

 

Prazas: 20 (4 de acceso directo e 16 por proba específica). As prazas non cubertas por acceso directo cubriranse por candidatos que accedan por proba.

Tipos de acceso:

Acceso directo
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño

20% das prazas
Acceso mediante Proba Específica
  • Título de bacharelato ou equivalente

  • Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos superada

  • Sen título de acceso: superando previamente a proba de madureza para aspirantes que cumpran 18 anos no ano actual

80% das prazas

As probas de acceso realizaranse alomenos unha vez ao ano e serán centralizadas para todas as Escolas Superiores de Deseño de Galicia.

A superación da proba específica so ten validez para ese curso, sendo válida para matricularse en calquera centro do Estado onde se cursen esas ensinanzas.

 

Proba de Madureza

  • única para todas as especialidades de Deseño

  • versará sobre as materias comúns do Bacharelato

  • cualificarase como apto ou non apto. O apto permitirá o acceso á Proba Específica

 

Proba Específica

  • ÚNICA PARA TODAS AS ESPECIALIDADES: PRODUTO, MODA, INTERIORES E GRÁFICO

  • versará sobre os coñecementos, aptitudes e habilidades para cursar con aproveitamento estes estudos

  • cualificarase con nota numérica de 0 a 10 con dous decimais. Será o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes da proba. Superarase a proba cunha nota media final a partir de 5,00.

ESTRUTURA DA PROBA. ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño. Artigo 5.  Características da proba específica de acceso

A proba específica de acceso ás ensinanzas superiores en Deseño constará de dúas partes: 

a) Primeira parte:
Durante un máximo de dúas horas, a partir dun texto, imaxe e/ou material audiovisual proporcionado polo tribunal, os/as aspirantes deberán facer por escrito un comentario crítico e razoado e responder á/s cuestión/s que o tribunal lles formule ao respecto.
Nesta parte da proba, o tribunal valorará:
– A comprensión dos conceptos, a utilización da linguaxe, a capacidade de análise e síntese e o nivel expresivo e expositivo amosados.
– A capacidade para desenvolver razoadamente ideas e argumentos.
– O coñecemento dos valores significativos do deseño en xeral no contexto histórico, cultural e socioeconómico.
– A identificación e valoración dos movementos artísticos e intelectuais máis representativos en relación co deseño.
b) Segunda parte. Os/as aspirantes realizarán dous exercicios de debuxo durante un máximo de catro horas: 
– 1º exercicio: debuxo mimético a man alzada, do natural ou a partir da documentación facilitada, dun modelo proposto polo tribunal, realizado a lapis de grafito sobre papel tamaño DIN A3.
– 2º exercicio: debuxo a man alzada, utilizando os sistemas e técnicas de representación máis apropiadas, que serán definidos polo tribunal, do modelo do exercicio anterior. 
Nesta parte da proba o tribunal valorará a fidelidade representativa, os coñecementos amosados e a exactitude e limpeza da execución. 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO:

    

       >>> Instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non cumpran o requisito de titulación

       >>> Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017/2018

       >>> Preguntas frecuentes

       >>> Taxas

      >>> Documentación necesaria para a preinscición e para a matrícula

   

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria