Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Deseño de Moda]

Deseño de Moda

A titulación de Deseño de Moda baséase na busca de novas formas estéticas para a formación de profesionais dentro do campo de deseño.

O obxectivo é estimular a creatividade e xerar inquietude achegando os instrumentos necesarios para o axeitado desenvolvemento de proxectos de moda. A ilustración, a imaxe, o uso de software e ou as técnicas de mercadotecnia, son elementos imprescindibles para a completa formación dun Deseñador.

O deseñador é un investigador, un creador cunha extraordinaria sensibilidade estética, e unha intuición para recoñecer e prever tendencias. A moda representa hoxe en día un proxecto, no que o concepto é o protagonista durante o proceso de creación. A figura do actual profesional cambiou e abrangue cada vez máis disciplinas, necesita ser máis creativo e á vez máis polivalente, cun maior coñecemento das estratexias de comunicación e vendas.

As saídas profesionais que ofrecen estes estudos son un expoñente da versatilidade laboral dun mundo en constante movemento. Deseñadores e estilistas necesitan unha axeitada preparación para chegar a ser profesionais altamente cualificados e competitivos.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria