Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Xoiaría]

Presentación

A xoiaría ten unha fonda tradición artística en Compostela, desde a propia orixe da cidade. Gremios como os dos prateiros ou os acibecheiros foron merecedores de gran prestixio.

Herdeiros de toda esta tradición xoieira na nosa cidade, a EASD Mestre Mateo ven de formar xeracións de xoieiros de toda Galicia. Xuntar o legado da tradición xoieira coas novas tecnoloxías de producción e a conexión coas últimas tendencias en deseño de xoias é o reto ao que se enfrontan estes estudos.

Coñecer as tendencias do mercado, explorar novas liñas de deseño e indagar na renovación de formas e materiais convértese nuns dos eixes da metodoloxía destas ensinanzas.

A COLEXIACIÓN COMO REQUISITO PARA O EXERCICIO DA PROFESIÓN

Desde a entrada en vigor da Lei 9/2006, do 1 de decembro, é obrigatorio para poder exercer a profesión de xoiaría, ourivaría, prataría, reloxaría e xemoloxía en Galicia a incorporación ao Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia. E unicamente é posible a colexiación coa posesión dun título de técnico ou técnico superior da familia profesional da xoiaría artística.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria