Campo Profesional
O fotógrafo profesional pode exercer a súa actividade ben desde un estudio propio ou dentro de organizacións e empresas diversas (editoriais, xornais, científicas, deseño, publicidade...).
A crecente importancia da comunicación visual en tódolos eidos fai que a fotografía supoña unha ferramenta esencial en moitísimos sectores industriais, artísticos e sociais.
Os sectores con máis demanda son o xornalismo, o da reportaxe social, o científico, o mundo da moda e o deseño, a fotografía deportiva, documentalismo... sen olvidar o da creación artística desde as bases da fotografía e da comunicación audiovisual.