Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Escultura]

Réxime de Estudo

Matrícula e convocatorias 

A matrícula debe realizarse para cada curso, dando dereito a unha única convocatoria anual por módulo.

Disponse dun máximo de catro convocatorias para cada módulo –salvo para o Proxecto Integrado e o FPEET, que serán dúas como máximo-. Esgotadas as convocatorias, pódese solicitar unha convocatoria extraordinaria por causa xustificada.

Para poder matricularse no segundo curso non se poden ter pendentes do primeiro módulos que en conxunto supoñan máis do 25% da carga horaria do curso.

Para poder acceder ao módulo de FPEET deben terse superados tódolos módulos de formación no centro.

Renuncia á matrícula. O alumno/a, co fin de non esgotar convocatorias, poderá renunciar por unha soa vez á avaliación da totalidade dos módulos, por causa xustificada documentalmente. A solicitude de renuncia debe presentarse antes de dous meses da avaliación final de módulos. No seguinte curso deberá someterse a un novo proceso de admisión.

Anulación da matrícula. Antes do 31 de outubro poderá anularse a matrícula –sen esgotar convocatorias- a solicitude do alumno/a ou directamente polo centro de acumular dúas semanas consecutivas de faltas. A praza será cuberta polo alumnado en lista de espera.

Baixa de oficio da matrícula. O centro poderá dar de baixa ao alumnado que non asista sen xustificación 25 días lectivos consecutivos ou 35 descontinuos. A convocatoria computarase como consumida e o alumno/a deberá someterse a un novo proceso de admisión se desexa reincorporarse a ese ciclo.

 

Avaliación.

A avaliación realizase diferenciada por módulos profesionais. Ten un carácter continuo, polo que é obrigatoria a asistencia do alumnado ás actividades nos distintos módulos. Perderase o dereito á avaliación continua cando se acumulen faltas que superen o 10% da duración total do módulo, sexan xustificadas ou non.

As cualificacións dos módulos serán numéricas, de 0 a 10, sen decimais, salvo no módulo de FPEET que será de “apto/a” ou “non apto/a”.

A nota media final do ciclo será a media aritmética das notas medias ponderadas pola duración de cada módulo, e expresarase con dous decimais.

 

Acceso a outros estudos

O título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da acceso directo aos Graos en Deseño.

Tamén permite o acceso sen necesidade de proba a tódalas demais ensinanzas universitarias oficiais de Grao.

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria