Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Escultura]

Acceso

 PRAZAS: 30

Modalidades de acceso:

 

Acceso directo
Cubriranse as prazas por este orde.
  1. Título de bacharelato artístico
  2. Título de bacharelato e acreditar experiencia laboral de polo menos un ano nas competencias do ciclo.
  3. Técnico superior en artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada, ou equivalente.
  4. Título Superior de Deseño e Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
  5. Arquitectura ou Licenciatura en Belas Artes ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
Dento de cada titulación ordenaranse por expediente.
 un mínimo do
50% das prazas
 
Acceso mediante proba específica

- Título de bacharelato
- Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos.
- Proba de madureza de Ensinanzas Artísticas Superiores.
- Proba de madureza de Ciclos Superiores de FP ou de Ciclos Superiores de Ensinanzas Deportivas. 
- Aspirantes que cumpran 19 anos no ano de realización da proba, sen titulación de acceso, superando previamente unha proba de madureza.
- Aspirantes que cumpran 18 anos no ano de realización da proba e con titulación de Ciclo Medio de Artes Plásticas da mesma familia, superando previamente a proba de madureza.

un mínimo do 
35% das prazas
 
 
Reserva deportistas de alto nivel e rendemento  Superando a proba específica

 

un mínimo do
5% das prazas

 

Reserva minusvalidez de polo menos o 33%
Superando a proba específica
 

un mínimo do
5% das prazas 

As prazas non cubertas en calquera destas modalidades de acceso pasarán á segunda quenda. As non cubertas así pasarán ao primeiro turno.
 
Probas de acceso.
 
 
1º. PROBA DE MADUREZA (os alumnos que estando obrigados a facela a superen, realizarán posteriormente a proba específica)
 
A proba de madureza constará de dúas partes:
 
a) Primeira parte: materias comúns do bacharelato.
O alumno seleccionará tres das seguintes materias: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, lingua estranxeira -inglés ou francés-, historia de España, historia da filosofía, filosofía e cidadanía, e ciencias para o mundo contemporáneo. Desenvolverá por escrito unha cuestión de entre as que lle fosen propostas.
Tempo máximo do exercicio: 3 horas.
 
b) Segunda parte: Historia da arte.
Tempo máximo do exercicio: 1 hora.
  
2º. PROBA ESPECÍFICA
 
a) Primeiro exercicio: proba escrita.
Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas.
 
b) Segundo exercicio: realización.
Realización, durante un máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización.
 
c) Terceiro exercicio: execución.
Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo a que o alumno aspira a acceder.
 
 
Enlace Consellería Educación: Exemplo de proba de acceso 
 

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O ACCESO:
> Documentación para facer a inscrición
> Preguntas frecuentes
> Calendario do proceso de acceso
> Acceso 2016-17

 

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria