Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

[Arquitectura Efémera]

Validacións

Poderanse validar os módulos doutro ciclo formativo sempre que teñan igual denominación, duración, obxectivos, contidos e criterios de avaliación. Solicitarase a validación ao Director da Escola, no modelo existente ao efecto, acompañado dunha certificación académica dos estudos que se alegan para a validación.
 

Nos restantes casos, para solicitar a validación de módulos ou materias dos estudos de Artes Plásticas e de Deseño deberá o alumno dirixir unha instancia ao Director General de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Ministerio de Educación. C/ Los Madrazo, 15-17. 28014 Madrid) acompañada de fotocopia compulsada do DNI, da certificación académica persoal dos estudos cursados e do xustificante de estar matriculado nos estudos para os que se solicita a validación.
 

O alumnado pendente de validación deberá asistir ás clases de xeito normal e será avaliado, mentres non reciba a validación.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria