Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

17/10/2016

Un ano máis (e xa van 7) chega o Despunte para visibilizar o talento do alumnado da Mestre Mateo

Un ano máis (e xa van 7) chega o Despunte para visibilizar o talento do alumnado da Mestre Mateo

Fotografía: Ivana Pardal (CS Fotografía. EASD Mestre Mateo).

Santiago, 16 de outubro de 2016. A Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo celebrará a 7ª edición do seu desfile DESPUNTE na Cidade da Cultura. Alumnado e profesorado da Mestre Mateo anda nestes días inmerso na preparación desta importante cita.

O obxectivo deste desfile é difundir o talento e saber facer do noso alumnado entre persoas, empresas e institucións relacionadas co mundo da moda, da xoiaría, do deseño e da arte en xeral, da educación e da actividade empresarial galega do sector.

O desfile que presentaremos este curso estará organizado en tres seccións: baixo o título DESPUNTE  desfilarán os Traballos Finais de Estudos das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda, a continuación MISCELÁNEA dará paso aos traballos de 3º curso das Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda, e por último, poderemos ver os traballos finais do alumnado do Ciclo Superior de Xoiaría Artística.

Ademais dos directamente involucrados nos deseños, o resto de alumnado das especialidades de Moda e Xoiaría colabora activamente na organización desta importante cita, realizando diversas funcións como vestidores/as, azafatos/as, modelos e  contaremos un ano máis co traballo do alumnado do CS de Fotografía para realizar a cobertura do evento.

A organización desta edición do desfile apoiase tamén en colaboracións como: “CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Someso” de A Coruña para perruquería e maquillaxe dos modelos, “Galicia Calidade”, “Fundación Cidade da Cultura de Galicia”, “Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño”, “El Corte Inglés” e “Nubbe Clothes”.

Para máis información podedes consultar a nosa web nos vindeiros días, e tamén podedes seguir os preparativos do desfile no Facebook: EASD Mestre Mateo ou no Instagram @easdmestremateo

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria