Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

27/01/2021

Suspension da actividade lectiva presencial ata o 18 de febreiro

No DOG 26 bis, publicado onte minutos antes das 00:00 horas do 27 de xaneiro publicouse a

ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021, e estenderán a súa eficacia ata o 17 de febreiro de 2021.
 
Entre outras medidas dispón que:
 
4.2. Suspendese a actividade lectiva presencial durante o período a que se estenda a eficacia da medida, conforme o punto cuarto da orde, nos seguintes centros educativos de réxime especial:
 
2º) Escolas de arte e superior de deseño
 
A Escola activará o antes posible o ensino telemático.
En principio, e según o contemplado nos nosos protocolos, cumpriremos os mesmos horarios pero de xeito telemático mediante o aula virtual e a plataforma weebex tal e como recollen as programacións docentes dende hoxe. Tendo o alumnado obriga de participación e entrega de todos os traballos marcados nesta docencia telemática.
Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria