Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

12/03/2020

Suspensión da actividade lectiva polo Coronavirus

Suspensión da actividade lectiva polo Coronavirus

A Xunta de Galicia comunicou en rolda de prensa hoxe pola mañá a decisión de pechar os Centro Educativos durante 14 días a partir do vindeiro luns 16 de marzo como medida de prevención fronte o “Coronavirus”.

Mañá venres os centros estarán abertos, pero fan un chamamento á prudencia e deixan a asistencia a clase como unha decisión voluntaria. Polo que toda proba, entrega, ou actividade de calquera tipo deberá ser posposta. Quedando a avaliación parcial de ciclos posposta ata novo aviso.

Tamén mañá venres está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia das medidas concretas que teremos que adoptar nestas dúas semanas, polo que unha vez coñecidas as correspondentes indicacións, volas trasladaremos e tamén as publicaremos na nosa web e redes sociais.

Ante esta situación de excepción sanitaria, recomendamos manter a calma e seguir as instruccións das autoridades sanitarias. Para calquera cuestión relacionada con síntomas da enfermidade recordade que o teléfono de atención ao Coronavirus é o 900 400 116

En canto teñamos comunicación oficial e instruccións da Consellería volas faremos chegar.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria