Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

22/11/2013

MODA | Artesáns de Portugal achéganse á EASD Mestre Mateo para presentar o XI Concurso Internacional de Criadores de Moda 2014: Lenços de Namorados. Escritas de amor.

O pasado xoves 21 de novembro, o salón de actos da Escola acolleu a presentación do XI CONCURSO INTERNACIONAL DE CRIADORES DE MODA 2014: Lenços de Namorados. Escritas de amor, convocado polo Concello de Vila Verde e a Cooperativa Aliança Artesanal e a edición do mesmo destinada a complementos.

Esta asociación de artesáns do norte de Portugal achegouse para presentar o traballo que vén realizando para conservar a tradición dos Lenços dos Namorados.

"Os Lenços dos Namorados de Vila Verde son panos bordados a man polas namoradas ao compás do ritmo do seu corazón. Cando as mozas estaban na idade de casar, bordaba o seus panos que despois chegaban ás mans do mozo escollido e, segundo el usábao ou non, decidíase o principio dun noivado. Cando se analizan os panos atopamos sentimentos de alegría, tristeza, a ansiedade pola paz e o amor, son a prolongación da vida e as relacións sociais a través dos bordados"

Nesta presentación, o alumnado da EASD Mestre Mateo e demais asistentes coñeceron de primeira man esta bonita tradición portuguesa que combina artesanía, deseño e historias de amor. O acto contou coa presenza de Drª Júlia Fernandes, Vereadora da Cultura, Educação e Acção Social do Município de Vila Verde e Dr.ª Paula a da Cooperativa Aliança Artesanal, ademais de dúas Bordadeiras da Asociación, que se achegaron á Escola para amosar o seu traballo como perpetuadoras desta tradición.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria