Onte inaugurouse no Pazo de Fonseca unha exposición sobre a figura de Montero Ríos.
Montero Ríos foi, entre moitas otras cousas (tedes que ir á expo) o impulsor da creación das Escolas de Artes.
O busto que vedes no enlace é propiedade da Escola Mestre Mateo. Cando non anda de xira (xa estivo noutras exposicións) adoita ocupar unha tarima xusto enfrente da porta da nosa biblioteca.
Trátase dunha escultura obra de Ramón Núñez, quen foi profesor na Escola entre os anos 1894 e 1911 e quen tamén traballaba nesta época de Ayudante del Escultor Anatómico na Facultade de Mediciña.
Recomendamos que pasedes pola exposición para saber máis sobre a figura de Montero Ríos. Tedes máis información no enlace.
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_09/noticia_0096.html