Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

22/05/2013

INTERVENCIÓN-EXPOSICIÓN | Apadriña unha estatua

INTERVENCIÓN-EXPOSICIÓN | Apadriña unha estatua

O día 29 a partir das 19:00 poderemos ver o resultado de "Apadriña unha estatua da Mestre Mateo".

O clube de calceta iPunto organiza unha intervención de Urban Knitting* na Escola, tecendo pezas para as esculturas que temos nos corredores.

O vindeiro mércores 29 achegaranse todos aqueles que participaron apadriñando unha das estatuas da Escola para instalar as súas creacións. O acto, de entrada libre, terá lugar ás 19 horas. As obras quedarán expostas ata o día 28 de xuño.

Urban Knitting*, Yarn bombing, yarnbombing, yarnstorming, guerrilla knitting ou ganchillo de guerrilla son os termos empregados para definir intervencións de arte urbana baseados na utilización de pezas de tecido realizadas en ganchillo ou calceta. As instalacións ocupan un espazo de maneira non permanente e ao contrario que outro tipo de intervención, como é o caso do grafiti, non danan a contorna e móntanse e desmontan con facilidade.
O movemento que desenvolve este tipo de intervencións xurdiu en Holanda no ano 2004 e desde entón viñéronse desenvolvendo accións en todo o mundo. Moitas destas desenvólvense de maneira ilegal, que en principio era a esencia do movemento, pero cada vez máis museos e institucións están a sumarse ao apoio deste movemento.

O Yarnbombing ten unha compoñente técnica importante, require un proxecto e coñecemento, sendo unha forma de intervención urbana non agresiva. Ademais é un movemento reivindicativo do desenvolvemento da artesanía, o handcraft fronte á industrialización dos produtos actuais. Todo o proceso desenvólvese de maneira artesanal, a man e é custeado polos propios artistas. As convocatorias adóitanse realizar a través de internet e non existe asociacionismo, senón colaboración puntuais para levar a cabo cada proxecto.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria