Os xurados do Certame Galego de Creadores Novos GZCREA 09, nas especialidades de deseño de xoias e de deseño de moda, seleccionaron a dúas alumnas da Escola entre os finalistas de cada especialidade.
Na especialidade de Deseño de Xoias foi elixida finalista a alumna dos Estudos Superiores de Deseño de Produtos Alejandra Giz Álvarez, pola súa obra "Atomic". Alejandra Giz tamén cursou na E.A.S.D. Mestre Mateo o Ciclo Superior en Xoiaría Artística.
Na especialidade de Deseño de Moda, resultou seleccionada como finalista Catarina López Carballeira, alumna dos Estudos Superiores de Deseño de Moda, pola súa colección "Sin Presión".