Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

30/11/2016

GALTEO| A LINGUA, ARTE DA TÚA TERRA. Fotografía e Xoiaría da EASD Mestre Mateo no Mercado de Abastos

GALTEO| A LINGUA, ARTE DA TÚA TERRA. Fotografía e Xoiaría da EASD Mestre Mateo no Mercado de Abastos

Este Xoves 1, ás 20:00 inauguramos na Nave 5 do Mercado de Abastos de Santiago a exposición A LINGUA, ARTE DA TÚA TERRA. Organizada por Galteo. Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Mestre Mateo

MÁIS QUE VECIÑOS. AS BOINAS VOLTAN AO MERCADO

Despois de que na primavera as boinas invadisen as rúas de Compostela, na temporada de outono-inverno instálanse na Nave 5 do Mercado de Abastos. Trátase unha vez máis do proxecto posto en marcha polo IES Marco do Camballón e impulsado e realizado coa colaboración da EASD Mestre Mateo.

Galteo (o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Mestre Mateo) e alumnado e profesorado das especialidades de Fotografía e Xoiaría Artística foron os responsables de materializar esta idea que partiu do Clube da Lingua do IES Marco de Camballón.

A historia deste proxecto é un camiño de ida e volta que precisamente comenzou no Mercado de Abastos: alí foi onde se compraron as boinas para realizar para realizar os retratos que agora amosamos na Nave 5 do Mercado.

Despois de estar repartidos polos mupies das rúas de Compostela grazas á colaboración do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago, os retratos voltan ao entorno onde se realizaron.

Lembramos que baixo o título “A LINGUA, ARTE DA TÚA TERRA”  preséntanse unha serie de retratos de personaxes da escea cultural e social galega ataviados con boina. O obxectivo do proxecto é transmitir a necesidade de actualizar os valores da nosa lingua: unha lingua para a xente nova, moderna, rural e urbana, impulsada por valores como a igualdade de xénero ou a xustiza social.

Nos retratos, as persoas aparecen levando as boinas personalizadas cos complementos deseñados e realizados polo alumnado de Xoiaría. Estes retratos foron realizados polo alumnado de 2º do CS de Fotografía do curso pasado no estudio da Mestre Mateo.

 

A boina é símbolo de moitas cousas. Durante moitos anos cubriu a cabeza de miles de galegos, e ultimamente tamén de galegas, mais esta prenda foi utilizada maioritariamente no ámbito rural. É na actualidade onde comeza a verse en cabezas pioneiras das últimas tendencias, está chamada a renovarse, actualizarse, e converterse nunha peza importante na moda galega, e nun accesorio habitual de quen queira facer uso dela con orgullo e elegancia.

A boina e a fala están de moda!

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria