Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

18/11/2019

Gañadoras V Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas

Gañadoras V Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas

O venres pasado celebrouse a reunión do Xurado para elexir as imaxes gañadoras do V Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas. Formaron parte do xurado Santiago Riande Torres, director da Escola, Irene Gago Pesado, xefa do Departamento de Relacións con Empresas, Estudos e Talleres que promove o concurso, a profesora do ciclo superior de Fotografía, Mercedes Vega Cerqueira, e máis Chus Villar, da Galería Nordés, coma colaboradora externa. Agradecen a súa axuda a Juan Adrio Fondevila, xefe de estudos e tamén profesor de Fotografía.

Nesta edición do concurso a gañadora do primeiro premio foi a estudante de 2º curso do Ciclo Superior de Fotografía, Mar García Carragal coa súa obra O Xesto Compartido.

O gañador do áccesit foi outro estudante tamén de 2º de Foto, Ismael Llerena Moreiras, cuhha imaxe titulada Verdosidad.

Parabéns aos dous!

En Decembro antes das vacacións de Nadal celebraremos unha festa para celebralo e entregar os premios e máis a presentación oficial das imaxes. Manterémosvos informadas.

O resto de participantes podedes pasar por Secretaría a recoller os vosos pendrives a partires do mércores 20 de Novembro. Moitas grazas a todas aquelas persoas que participaron.

Aquí tedes O Xesto Compartido, a obra gañadora do premio:

Esta é Verdosidad, a obra gañadora do áccesit:

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria