Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

26/11/2018

Gañadora do IV Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas

Gañadora do IV Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas

Xa coñecemos o nome das gañadoras do IV Concurso Joaquín Díaz de Rábago de Imaxe para creación de obra gráfica para agasallo a empresas. Nesta edición do concurso a gañadora do primeiro premio foi a estudante de 2º curso do Ciclo Superior de Fotografía, Naiara Carrazza Ibáñez coa súa obra Meraki.

A gañadora do áccesit foi outra compañeira súa tamén de 2º de Foto, María De La Fuente Seoane, coa súa obra Luminiscencia.

Noraboa ás dúas.

En Decembro antes das vacacións de Nadal celebraremos un evento para a entrega dos premios e a presentación das imaxes. Manterémosvos informadas.

As persoas non gañadoras xa poden pasar por Secretaría a recoller os seus pendrives. Moitas grazas a todas aquelas persoas que se animaron a participar.

Esta é Luminiscencia, a obra gañadora do áccesit:

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria