Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

09/11/2015

FOTOGRAFÍA| ARQUITECTURA EFÉMERA| Escaparate en Merlín e Familia. Rúa Xelmirez, 14

FOTOGRAFÍA| ARQUITECTURA EFÉMERA| Escaparate en Merlín e Familia. Rúa Xelmirez, 14

EXPOSICIÓN “SINERXIAS CREATIVAS” C.S. FOTOGRAFÍA-C.S. ARQUITECTURA EFÉMERA

Lugar: Merlín e familia. R/Xelmírez, 14 - 15704 - Santiago de Compostela

Data: 10 de novembro do 2015. 19:00 horas.

O alumnado dos Ciclos Superiores de Fotografía e Arquitectura Efémera, da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, inauguran unha exposición colectiva, na tenda de artesanía e deseño Merlín e Familia, rexentada por Patricia de Campos Pazos.

A exposición é froito do traballo conxunto do alumnado das dúas especialidades, materializado na creación dun escaparate para este comercio.

O alumnado de fotografía realizóu un traballo sobre a fotografía de produto, con obxectos de deseño e artesanía pertencentes ao catálogo da tenda, e o alumnado de Arquitectura Efémera da corpo a unha montaxe expositiva para os produtos e as fotografías, adaptado ao escaparate do comercio, a medio camiño entre o escaparatismo e a exposición.

Coa “marca” -sinerxias creativas-, se presentan traballos en común entre os diversos estudios da EASD Mestre Mateo, coa intención de crear interaccións entre o alumnado de cara a favorecer a aprendizaxe colaborativa e o intercambio de coñecementos de diferentes especialidades, ampliando a formación e potenciando a creatividade.

O obxecto deste traballo son pezas de deseño e artesanía realizadas na sua meirande parte por deseñadoras/es e artesanas/os galegas/os: bolsos de madeira, xoias de deseño, cerámica ilustrada... da man de: Isabel Caamaño - Mr Ce; Guillermo Arias - Besos Robados; Beatriz Lema y Xoán Torres - Lelédacuca; Arturo de la Cámara - DLC Wood Proyects; Miguel Currás y Berenice González - Cubeterie, Eduardo Rial Barral, e Susana García - Favorito Studio.

O alumnado que realizóu o traballo é: Ismael Gosende Duarte, Elena Agrelo Janza, Nerea Fernández Paredes, Diana González Prieto, Fátima Coto Domínguez, Carolina García López, Carlos Castro Cambre, María Ferrer Pérez, Laura García Martín, Marta Fernández Martínez, Varja Jovanovic Trobec, Sabela Alonso Rodriguez, Jherry Yeltsin Vílchez Mercado e Óscar Rodríguez Goyás.

As profesoras responsables do traballo son Conchita Viñas González-Zahera do ciclo de Arquitectura Efémera e Rosa Figueroa Insua do ciclo de Fotografía.

A mostra poderá verse ata o 30 de novembro.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria