Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

11/02/2015

FOTOGRAFÍA | Conferencia Fotografía Documental con Manuel Valcárcel

FOTOGRAFÍA | Conferencia Fotografía Documental con Manuel Valcárcel

O pasado xoves 5 febreiro Manuel Valcárcel achegouse ata a EASD Mestre Mateo para falar de fotografía documental.

Manuel Valcárcel é un reporteiro galego que realizou numerosas reportaxes de fotografía documental dos que nos falou nesta conferencia. 3 destas reportaxes contaron coa financiación de Caixa Galicia.

O alumnado de Fotografía da EASD Mestre Mateo, aprendeu como plantexar un proxecto de reportaxe deste tipo: a procura de información previa, preprodución, produción, comunicación do traballo a institucións, financiamento...

A forma de traballar de Manuel Valcárcel é a de marcar o obxectivo a conseguir e ir solucionando tódolos problemas que van aparecendo, ata logralo.

Algún dos traballos dos que falou Manuel Valcárcel nesta conferencia foron unha reportaxe sobre tribus nómadas nos 5 Continentes, outra sobre os camiños de peregrinación entre Xerusalén e Santiago e outro sobre a Auga no mundo, os tres financiados por Caixa Galicia.

En contraste con estas grandes reportaxes tamén nos falou doutras de carácter máis local e menores dimensións como a realizada sobre un home senegalés que traballa de pastor nunha aldea do Courel.

Imaxe: Ana González Miranda + Carlos Rey González

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria