Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

07/02/2015

FOTOGRAFÍA | Colaboración co Centro de Recepción de Visitantes Val de Roxos-Camiño de Fisterra

FOTOGRAFÍA | Colaboración co Centro de Recepción de Visitantes Val de Roxos-Camiño de Fisterra

O pasado 19 de xaneiro, alumnado de 2º curso de Fotografía desprazouse ata Villestro para tomar imaxes para a Web do Centro de Recepción de Visitantes Val de Roxos-Camiño de Fisterra que se instalará na antiga escola unitaria de Villestro, rehabilitada polo taller de emprego Ecotur Santiago.

As imaxes realizadas polo alumnado da Mestre Mateo servirán para dar a coñecer a través da web do Centro o valor natural e turístico desta zona na que podemos atopar petroglifos, un tramo do Camiño Compostela-Fisterra e pequenos exemplos de arquitectura popular así como a igrexa de Santa María de Villestro.

Estas imaxes tamén formarán parte dunha exposición, cando se inaugure dito Centro.

O emprego de luz rasante con flashes sincronizados permiten apreciar a textura e o relevo das marcas dos petroglifos como o que ilustra esta actualización.

Imaxe: Marta Serrapio

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria