A EASD será a protagonista desde o próximo mércores 16 até o 31 de maio da exposición colectiva 'A cabeza nos pés', que terá lugar na Biblioteca Pública de Santiago 'Ánxel Casal' (avda. Xoán XXIII, s/n).
A exposición é froito do traballo conxunto das distintas especialidades que se imparten na escola, quenes participan de distinto xeito na conversión dun obxecto banal como é unha zapatilla clásica de cordóns, nun obxecto de deseño e incluso artístico.
Animávosvos a todos a achegarvos até a Biblioteca Ánxel Casal para disfrutar desta exposición.
Mª Carmen Domínguez, gañadora do concurso de carteis que promocionará a exposición.
Co gallo desta exposición, convocouse un concurso de carteis. A gañadora foi a alumna de fotografía Mª Carmen Domínguez. Para realizar a proposta gañadora empregou unha fotografía da alumna de 2º de fotografía Alba Carro, que formará parte dos traballos amosados na exposición. A zapatilla do cartel é obra da alumna Yolanda Cordeiro, de 3º de Deseño de Moda.