Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

10/03/2021

ERASMUS+ | CONVOCATORIA KA103 SMS | 2021-2022 | Resolución de reclamacións e correccións á listaxe provisoria de Deseño de Moda

Foron publicadas as correccións ao baremo e máis a listaxe provisonal de selección para mobilidades Erasmus+ para estudos (SMS) para o vindeiro curso 2021-2022, aplicando ás resolucións ás reclamacións efectuadas. Tamén se actualizou a listaxe de persoas en reserva.

Podedes descargar a listaxe corrixida nesta ligazón: http://www.easd.es/gal/internacional/erasmus-/outgoing/estudos-sms

As listaxes continuarán sendo provisorias ata que remate o curso e se comprobe que se cumpren todos os requisitos para realizar as mobilidades, contemplados na convocatoria.

As persoas seleccionadas deberán poñerse en contacto coa Oficina Internacional por mail ou en persoa para a oportuna información para a solicitude ás universidades elixidas.

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria