Escola de Arte
e Superior de Deseño
Mestre Mateo

25/10/2015

Dúas profesoras da escola participan na xornada de recoñecemento a Mary Quintero

Dúas profesoras da escola participan na xornada de recoñecemento a Mary Quintero

As profesoras da escola Rosa Figueroa Ínsua e Mercedes Vega Cerqueiro participan na xornada de recoñecemento á figura de Mary Quintero que organiza o Consello da Cultura Galega o próximo xoves, 29 de outubro. Esta Xornada quere ser, tamén, un espazo de coñecemento, de reflexión e de debate sobre o traballo das profesionais da imaxe.

Mary Quintero foi recoñecida onte como "fotógrafa histórica" pola Deputación da Coruña.

Primeira muller que expuxo fotografía nunha sala galega, primeira profesional que abriu un estudio co seu nome, pioneira no uso da cor e as técnicas de retoque, Mary Quintero é un dos nomes propios da historia da fotografía galega.

Podedes consultar o programa completo neste enlace: http://consellodacultura.gal/evento/200407

Rúa Virxe da Cerca, 32 | 15703 Santiago de Compostela
T. +34 981 587 757 | F. +34 981 572 293
escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
XUNTA DE GALICIA - Conselleria de educación e ordenación universitaria